Concordo totalmente, o de que os franceses "inventaron o termo" e algo que xa tiña lido e ouvido, pero por non ten referencias documentais non quixen (atrevín) a comentar. Como xa comentei eu emprego computador / computadora, as razóns quedan aquí moi ben expostas.
2009/3/6 Karl García Gestido <[email protected]> > O Xoves 05 Marzo 2009 21:48:30 damufo escribiu: > > mvillarino escribiu: > > > 2009/3/5 Leandro Regueiro <[email protected]>: > > >> O recomendado no glosario de Trasno é "ordenador" mentres que no > > >> glosario de Mancomún aparece "computador" supoño que para manter a > > >> coherencia cas escolla feita para a tradución do Windows. > > > > > > Eu entendo que a forma de uso habitual é «Ordenador». > > > A ver, segundo ti, que posibilidades ten de callar e ser utilizado de > > > xeito habitual por un grupo amplo da poboación galego-falante o termo > > > «Computador»? > > > > Eu para elixir un termo fagoo en función de se me parece máis correcto > > que outro (ollo non son filólogo simplemente un aficionado e ademais "de > > ciencias", polo que me equivoco moitas veces) e non en función de que > > máis ou menos xente o use (non sei cantas veces comentei isto na > > lista)(canta xente usa ou fala galego normativo? Se imos usar o que todo > > o mundo usa pois por exemplo a normativa do galego iría a tomar polo > > **.), é simplemente un criterio e non quere dicir que sexa correcto nin > > incorrecto, só un criterio de elección. > Ramén. > > É moi común o uso de termos en inglés: e-mail (a xente incluso usa "mail"), > slot... Para "usar o máis extendido" bastaría con deixar unha mezcla de > castelán e inglés. Así pasamos a considerar o que entendidos e afeizoados > cremos convinte usar. > > > > Cinguíndome ao termo en concreto, "ordenador" se é igual de correcto que > > "computadora" (e así o indican os que saben) pois benvido sexa > > "ordenador". > Ordenador é un galicismo, que creo máis producto da "alerxia" española ao > que > veña de USA (en inglés) que a que represente unha alternativa interesante. > Asimesmo, creo que en francés "inventaron" esa palabra para evitar usar a > inglesa. > > a) Ordenador alude a unha das tarefas máis habituais da computación: a > ordenación de series (vectores, listas e demáis). Así podemos entender que > un > ordenador é unha máquina para ordear información. > b) Computador define a unha máquina adicada ao cómputo. O proceso de > calqueira información faise mediante o cómputo matemático. Da igual que > esteamos a escribir unha carta (un correo electrónico) ou vendo unha web, > ou > unha película...) o que está a facer a máquina en si mesma é computación. > De > feito, a ciencia encargada do estudo de todo o que rodea a estas máquinas > denomínase "ciencias da computación". > > Que se nomee "ordenador" a unha máquina de computación... a gusto de cada > quen, supoño XD > > Vou a extender a idea. De feito, o termo "computador" non alude á súa > implementación física. Un "computador" é unha calculadora moderna, un > computador persoal (PC), un Mac, un panel de computadores en rede... > Existen > variantes do termo que aluden ao tamaño e potencia (e xeralmente dan unha > idea do uso): minicomputador, microcomputador, supercomputador.... anque > debido a potencia do hardware de uso cotidián as diferencias entre ditos > termos préstase a debate. > > Por outra parte, todo computador implica o uso dun Sistema Operativo para > abstraer o funcionamento do hardware que o compón. Un supercomputador > Beowulf usará un S.O. que permite manexar unha máquina que en realidade > consta de moitas máquinas unidas como se fose un só computador (creando > unha abstracción dunha abstracción XD), namentres que un dispositivo de > telecomunicacións como un móvil sinxelo terá un Sistema Operativo que pouco > máis é que unha interface de usuario. > > > Filosofando: > > Eu penso que unha tradución tamén a de ser didáctica, hoxe en día para > > min isto é fundamental. Hai que preguntarse quen vai usar unha tradución > > ao galego, na miña opinión o que procura comodidade e o que usa todo o > > mundo, penso eu, que non vai usar a tradución ao galego. Canto léxico > > perdido ten a nosa xeración?? canta xente non sabe o que é un xeonllo, > > nocello coxa?? e por iso non imos empregar rodilla, tobillo, muslo... > > uff! perdón por irme do tema. > Como teño manifestado noutras ocasións, a ventaxe dos anglosaxóns para a > aprendizaxe da computación é que o vocabulario implicado é moi metafórico. > Considero que adaptar esta idea ao idioma galego é o que da senso á propia > traducción. > > Persoalmente, creo que se deberan escoller termos que faciliten que o > usuario > visualice no seu maxín a idea que expresa o elemento nomeado. E para iso > hai > que empregar os termos máis precisos, independentemente da difusión dos > mesmos (por suposto, sempre mantendo a corrección, e sen ter que caer en > termos en desuso). > > No caso que nos atinxe, ordenador é unha palabra moi extendida... porque > está > moi extendida no castelán de España. Elixir ordenador para a traducción en > galego é unha opción válida como a outra, pero creo que limitármonos a usar > os > termos en función do uso en castelán non é o que deberamos facer. > > Saúde!! > > -- > O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación > -- > karl > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > -- "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Instale OpenOffice dende http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/..., é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de oficina, e está en continuo desenvolvemento."

