mvillarino escribiu:
2009/3/5 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
O recomendado no glosario de Trasno é "ordenador" mentres que no
glosario de Mancomún aparece "computador" supoño que para manter a
coherencia cas escolla feita para a tradución do Windows.

Eu entendo que a forma de uso habitual é «Ordenador».
A ver, segundo ti, que posibilidades ten de callar e ser utilizado de
xeito habitual por un grupo amplo da poboación galego-falante o termo
«Computador»?



Eu para elixir un termo fagoo en función de se me parece máis correcto que outro (ollo non son filólogo simplemente un aficionado e ademais "de ciencias", polo que me equivoco moitas veces) e non en función de que máis ou menos xente o use (non sei cantas veces comentei isto na lista)(canta xente usa ou fala galego normativo? Se imos usar o que todo o mundo usa pois por exemplo a normativa do galego iría a tomar polo **.), é simplemente un criterio e non quere dicir que sexa correcto nin incorrecto, só un criterio de elección.


Cinguíndome ao termo en concreto, "ordenador" se é igual de correcto que "computadora" (e así o indican os que saben) pois benvido sexa "ordenador".

Filosofando:
Eu penso que unha tradución tamén a de ser didáctica, hoxe en día para min isto é fundamental. Hai que preguntarse quen vai usar unha tradución ao galego, na miña opinión o que procura comodidade e o que usa todo o mundo, penso eu, que non vai usar a tradución ao galego. Canto léxico perdido ten a nosa xeración?? canta xente non sabe o que é un xeonllo, nocello coxa?? e por iso non imos empregar rodilla, tobillo, muslo... uff! perdón por irme do tema.


Responderlle a