Pola miña parte búfer é un termo perfectamente adaptado ao galego.
Por min vale.
Nota: prócer: Persoa destacada ou de alta dignidade social.
Leandro Regueiro escribiu:
Ola de novo,
estou arranxando algo o glosario.
O glosario propón para "buffer" as traducións: "buffer" e "memoria
intermedia", e no comentario recomenda o termo en inglés para evitar
confusións aínda que existan posíbeis traducións como "memoria
intermedia" ou "almacenamento temporal". O glosario de Mancomún
recomenda "búfer", igual cá terminoloxía de Microsoft. Se buscamos nas
traducións, a base de datos (incompleta posto que falta OpenOffice)
devolve os seguintes resultados:
búfer --> 47
GNOME: 45
KDE: 2
buffer --> 24
Debian Installer: 1
GNOME: 4
KDE: 18
SUSE: 1
almacenador intermedio --> 2
XFCE: 2
Eu pola miña parte escollería "búfer". Vós diredes.
Ata logo,
Leandro Regueiro