>> Ola de novo,
>> estou arranxando algo o glosario.
>>
>> O glosario propón para "buffer" as traducións: "buffer" e "memoria
>> intermedia", e no comentario recomenda o termo en inglés para evitar
>> confusións aínda que existan posíbeis traducións como "memoria
>> intermedia" ou "almacenamento temporal". O glosario de Mancomún
>> recomenda "búfer", igual cá terminoloxía de Microsoft. Se buscamos nas
>> traducións, a base de datos (incompleta posto que falta OpenOffice)
>> devolve os seguintes resultados:
>>
>> búfer --> 47
>> GNOME: 45
>> KDE: 2
>>
>> buffer --> 24
>> Debian Installer: 1
>> GNOME: 4
>> KDE: 18
>> SUSE: 1
>>
>> almacenador intermedio --> 2
>> XFCE: 2
>>
>>
>> Eu pola miña parte escollería "búfer". Vós diredes.
>
> Pola miña parte búfer é un termo perfectamente adaptado ao galego.
> Por min vale.
>
> Nota: prócer: Persoa destacada ou de alta dignidade social.
Nota: escáner: pois escáner, a que ven isto?
Ata logo,
Leandro Regueiro