2009/4/27 Xosé <[email protected]>:
> On Luns 27 Abril 2009 13:29:14 Leandro Regueiro wrote:
>> Xa estou pensando en desaconsellar "memoria intermedia", "almacenador
>> intermedio", "buffer" e recomendar unicamente "búfer". Vou facer os
>> cambios e se hai queixas desfacémolos.
>>
>> Perdoade que faga estes cambios de xeito unilateral, pero penso que
>> son moi necesarios e que os ides aprobar. Ademais xa sabemos como é
>> isto, se os cambios non se fan no momento esquecémonos e o glosario
>> non se actualiza máis na vida.
>
> Por min ben. O que si boto en falta é que fiquen rexistradas nalgures as
> motivacións de cada escolla. Se non, co tempo teremos de novo as mesmas
> discusións e repetiremos os mesmos argumentos.
Xa estou buscando algún tipo de software para isto. Pero como o prazo
límite é ata que comece maio (tempo de estudo, que xa bastante tempo
perdín) pois non creo que apareza algo. Estou pensando seriamente en
poñerme a programar algo disto, usando por exemplo django. Hai algún
programa por aí, pero non me convenceu de todo, por non ser o que
necesitamos ou ter unha interface moi recargada con moitas cousas que
non nos fan falta ningunha.
Polo de agora as motivacións quedan gardadas no correo, e cando
finalmente se monte un sistema destes haberá que ir metendo os termos,
definicións e todo iso, e ademais as mensaxes que se enviaron á rolda.
Ata logo,
Leandro Regueiro