Karl García Gestido escribiu:
O Luns 27 Abril 2009 13:55:55 Leandro Regueiro escribiu:
(...)
Isto é outra cousa que hai que revisar, o de indicar o plural en
entradas nas que poida ser confuso. Sería "búfers" ou "búferes"??

Ata logo,
                    Leandro Regueiro
IMHO se se adapta unha palabra debera seguirse a regla para o galego (neste caso, engadir -es). A miña dúbida é nas palabras que se toman emprestadas ou algunha que poida ter una solución ambigua.

Na cita de "prócer", que eu saiba o plural é "próceres".

Saúde!!
Por iso puxen prócer, porque procurei no volga unha palabra similar a búfer para saber se había en galego termos chans rematados en -er e o unico que atopei é prócer. Se prócer é próceres, entendo que búfer sería búferes, o que diga a norma xeral, digo eu?
abur

Responderlle a