On Mon, 11 May 2009, damufo wrote:

A que obxectivos políticos te refires? Non os atopo nos seus estatutos.
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/134/100/

Recoñezo que non parei a mirar nos estatutos, e guieime polos correos que chegan de vez en cando a i...@gpul.org onde a información ten pouco ou nada que ver co software libre. De todas formas, eu creo que falando nos seus estatutos de "normalización", "identidade propia da Galiza", ademais de o seu "un povo-unha rede-unha fala", e das novas que colgan da páxina principal, creo que as actividades tiran máis por temas políticos (o cal é respetable, pero que pode constituir un problema para a integración de trasno) ainda que teñamos obxetivos prácticos comúns (como a relación entre
opensource e free software, vaia).




2)parece que é unha asociación que non ten pudor en destinar recursos ó software privativo. Tendo en conta o vencellamento do Translation Project coa FSF, seguramente non sería ven visto, sabendo o que pasou co caso de Debian (para que non o saiban, Debian está fóra das distros "FSF compliant" por manter repositorios de software non libre). Sei ben que o TP agora mesmo non ten o pulo que chegou a ter dentro de Trasno, pero...


Estamos a falar que trasno seguiría a ser trasno, e trasno non traduciría software non libre. Eu non vexo ese problema.

Se trasno forma parte dunha xerarquía maior (legalmente sería así, se non estamos nas mesmas) na que hai recursos destinados a software privativo paréceme que si pode ser un problema. Se eu me fago socio da asociación "x+y", ainda que sexa máis por "y" que por "x", estou formando parte do todo.

--
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Responderlle a