>> A que obxectivos políticos te refires? Non os atopo nos seus estatutos.
>> http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/134/100/
>
> Recoñezo que non parei a mirar nos estatutos, e guieime polos correos que
> chegan de vez en cando a i...@gpul.org onde a información ten pouco ou nada
> que ver co software libre. De todas formas, eu creo que falando nos seus
> estatutos de "normalización", "identidade propia da Galiza", ademais de o
> seu "un povo-unha rede-unha fala", e das novas que colgan da páxina
> principal, creo que as actividades tiran máis por temas políticos (o cal é
> respetable, pero que pode constituir un problema para a integración de
> trasno) ainda que teñamos obxetivos prácticos comúns (como a relación entre
> opensource e free software, vaia).
>
>>> 2)parece que é unha asociación que non ten pudor en destinar recursos ó
>>> software privativo. Tendo en conta o vencellamento do Translation Project
>>> coa FSF, seguramente non sería ven visto, sabendo o que pasou co caso de
>>> Debian (para que non o saiban, Debian está fóra das distros "FSF compliant"
>>> por manter repositorios de software non libre). Sei ben que o TP agora mesmo
>>> non ten o pulo que chegou a ter dentro de Trasno, pero...
>>
>> Estamos a falar que trasno seguiría a ser trasno, e trasno non traduciría
>> software non libre. Eu non vexo ese problema.
>
> Se trasno forma parte dunha xerarquía maior (legalmente sería así, se non
> estamos nas mesmas) na que hai recursos destinados a software privativo
> paréceme que si pode ser un problema. Se eu me fago socio da asociación
> "x+y", ainda que sexa máis por "y" que por "x", estou formando parte do
> todo.

Estou de acordo. Volverei mirar o tema por se teño que repensar a
opinión, pero tampouco é que haxa moitas opcións factibles.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a