Boas. Perdoade a tardanza. Ando saturado.

Vexo que xa se me adiantou Tsao, xD.

Polo que respecta ás contras, xa as explicou Tsao máis que sobradamente
(algunha esqueceu, pero para facerse unha ampla idea, sobran).

E polo que recpecta ós pros, está claro que constituírse coma asociación ou
similar aporta cousas coma:

- Constituírse coma entidade "legal" (e poño o de legal entre comiñas, xa
que non facemos nin constituímos nada ilegal) e independente.
- Posibilidade de diálogo con institucións oficiais e sen mediación de
terceiros.
- Posibilidade de axudas por parte das mesmas, o que daría pé a montar unha
mellor infraestructura (sen necesidade de sablar a ningún dos membros) e a
aumentar e mellorar o número de actos destinados a promocionar o noso
traballo e a formar a posibles novos membros ou colaboradores.

Resumindo: se se pretende poñerse de maneira "legal", eu opto por facelo de
forma independente. No caso de non ser así, prefiro estar como estamos.

Un saúdo,

                 Alejo.

2009/5/10 Marce Villarino <mvillar...@gmail.com>

> O Domingo 10 Maio 2009 02:14:19 Francisco J. Tsao Santin escribiu:
> > Perdón por tardar en responder, pero estes días estiven bastante
> > atarefado...
> >
> > Pola miña banda, quero comentar:
> >
> > -estou de acordo en que pode ser interesante que Trasno teña unha
> entidade
> > legal propia, pero eso leva tamén unha serie de traballos bastante pouco
> > agradecidos
> >
> > -sobre integrarse na "federación de lugs" non vou a falar, porque aínda
> > non teño claro cal vai a se-la postura do gpul, no que teño maior
> > implicación
> >
> > -sobre integrarse nas Ciberirmandades, vexo dous problemas:
>
> E integrarse no gpul ?
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a