Francisco J. Tsao Santin escribiu:
Perdón por tardar en responder, pero estes días estiven bastante
atarefado...
Pola miña banda, quero comentar:
-estou de acordo en que pode ser interesante que Trasno teña unha
entidade legal propia, pero eso leva tamén unha serie de traballos
bastante pouco agradecidos
-sobre integrarse na "federación de lugs" non vou a falar, porque aínda
non teño claro cal vai a se-la postura do gpul, no que teño maior
implicación
-sobre integrarse nas Ciberirmandades, vexo dous problemas:
1)é unha asociación con obxectivos políticos, o que por unha banda pode
afastar ós que non comparten a súa ideoloxía (e niso, podería falar en
primeira persoa), e por outra, ós propios proxectos de software libre
que non queiran ser identificados con actividades máis políticas que
informáticas
A que obxectivos políticos te refires? Non os atopo nos seus estatutos.
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/134/100/
2)parece que é unha asociación que non ten pudor en destinar recursos ó
software privativo. Tendo en conta o vencellamento do Translation
Project coa FSF, seguramente non sería ven visto, sabendo o que pasou co
caso de Debian (para que non o saiban, Debian está fóra das distros "FSF
compliant" por manter repositorios de software non libre). Sei ben que o
TP agora mesmo non ten o pulo que chegou a ter dentro de Trasno, pero...
Estamos a falar que trasno seguiría a ser trasno, e trasno non
traduciría software non libre. Eu non vexo ese problema.
Polo tanto, creo que estou na mesma liña que Kabute e Alejo. En
calqueira caso, estou disposto a falar na reunión cando queirades.
Tsao