Leandro Regueiro escribiu:
A que obxectivos políticos te refires? Non os atopo nos seus estatutos.
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/134/100/
Recoñezo que non parei a mirar nos estatutos, e guieime polos correos que
chegan de vez en cando a i...@gpul.org onde a información ten pouco ou nada
que ver co software libre. De todas formas, eu creo que falando nos seus
estatutos de "normalización", "identidade propia da Galiza", ademais de o
seu "un povo-unha rede-unha fala", e das novas que colgan da páxina
principal, creo que as actividades tiran máis por temas políticos (o cal é
respetable, pero que pode constituir un problema para a integración de
trasno) ainda que teñamos obxetivos prácticos comúns (como a relación entre
opensource e free software, vaia).

Política é todo incluída a tradución ao galego de software libre.


2)parece que é unha asociación que non ten pudor en destinar recursos ó
software privativo. Tendo en conta o vencellamento do Translation Project
coa FSF, seguramente non sería ven visto, sabendo o que pasou co caso de
Debian (para que non o saiban, Debian está fóra das distros "FSF compliant"
por manter repositorios de software non libre). Sei ben que o TP agora mesmo
non ten o pulo que chegou a ter dentro de Trasno, pero...
Estamos a falar que trasno seguiría a ser trasno, e trasno non traduciría
software non libre. Eu non vexo ese problema.
Se trasno forma parte dunha xerarquía maior (legalmente sería así, se non
estamos nas mesmas) na que hai recursos destinados a software privativo
paréceme que si pode ser un problema. Se eu me fago socio da asociación
"x+y", ainda que sexa máis por "y" que por "x", estou formando parte do
todo.
Tes a túa parte de razón, e penso que o ideal sería que trasno tivese entidade propia, a razón desta opción non é outra que o pragmatismo. Gustaríame escoitar outras opcións, que permitan acadar o que se pretende sen a opción de integración/vinculación con ciberirmandade. Miguel está disposto a levar o papelame, pero fai falta máis xente disposta a facer algo máis que unha colaboración puntual, ou meterse en cousas que nada teñen que ver coa tradución como é o de levar unha asociación. Alguén máis está disposto?



Estou de acordo. Volverei mirar o tema por se teño que repensar a
opinión, pero tampouco é que haxa moitas opcións factibles.



Ata logo,
                   Leandro Regueiro


Responderlle a