> @Trasno Norte: ós que queirades quedar, pensamos nalgún momento na semana
> que ven? por exemplo pola tarde noite, que supoño que a hora que + pode a
> xente? Outras ideas?
@Trasno norte: Eu quedo, mentres non sexa a unha hora que me veña mal
(clase, durmir, etc.) Respecto do lugar, espero non ter que
desprazarme moito.
@Kabute: a afirmación esa é certa porque eu son exemplo diso. Fin da discusión.
@Resto: sobre as razóns de ter Trasno entidade legal, recompilo:
* para poder relacionarse ca Xunta e outros organismos (que requiran
ter entidade legal), para solicitar liberación de recursos, axudas
económicas (se queremos), asinar convenios de colaboración,...
* para ter recursos económicos para pagar dominio, aloxamento,
organizar xornadas, obradoiros e outros eventos, e se esaxeramos
moito, ata poderiamos contratar a alguén que nos revise as traducións
* para publicitarnos de xeito máis efectivo e atraer novos
voluntarios, lingüistas e terminólogos que axuden na terminoloxía,
revisen as traducións, e para que máis xente nos coñeza e recoñeza o
noso traballo
* para dar certificados para os currículos, créditos para os estudos,
espallar coñecementos (como se traduce)...
Máis ou menos isto foi o que falastes, quedounos algo por comentar?
algunha outra razón?
Ata logo,
Leandro Regueiro