2009/5/14 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> > Parécevos se me poño a redactar unha páxina no wiki de trasno?
> >
> > O tal sería unha páxina só coa lista de pasos e con ligazóns en cada
> > apartado/paso a unha páxina máis extensa onde se dean máis detalles...
> para
> > poder ver o básico, e se interesa (non a todo o mundo lle ha interesar,
> eu
> > que sei, o tema de compilar o programa ou o .po), poder ver máis dalgún
> > detalle concreto...
> >
> > Se lle parece ben a todo o mundo, fareino.
>
> Paréceme, pero preferiria que te centraras no proxecto ese do que
> falamos e do que ninguén pode saber.


Tranquilo, o P.D.M. segue adiante. Pero eu son moito de traballar en
"multiproceso". Non dou traballado en plan "concentrarme nunha cousa e
rematala".

>
> En Trasno lévase tempo pensando en facer videotitoriais, porque o de
> que sexa gráfico sempre axuda moito. Incluso poderian colgarse en
> Youtube... seguro que habemos falar disto hoxe na reunión de Trasno.


Gran idea, si señor. Se falades algo, comentade.  Aínda que tamén penso que
será bo ter algo "práctico" para ir facendo e aprendendo.

>
>
> Por outra parte aínda que todo o que comentas é bo que o tradutor o
> coñeza, despois cando traduza non o vai usar na vida.


Os pasos funos escribindo segundo se me ocorrían. De feito a idea que tiña
do que ía pasar era que chegase outro e quitase a metade dos pasos. De todas
formas, eu tería agradecido algo así (resumo "teórico" do proceso completo)
cando empecei.

Como último parágrafo do titorial, estaría ben algo como "na vida real, os
programadores dan os .pot, ti devólveslles os .po , e despois os das
distribucións fan os pasos X e Y e dáncho xa colocado en /usr/share..."

Póñome xa a escribir no wiki.

>
>
> Ata logo,


Saúde!

>
>                         Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a