> Parécevos se me poño a redactar unha páxina no wiki de trasno?
>
> O tal sería unha páxina só coa lista de pasos e con ligazóns en cada
> apartado/paso a unha páxina máis extensa onde se dean máis detalles... para
> poder ver o básico, e se interesa (non a todo o mundo lle ha interesar, eu
> que sei, o tema de compilar o programa ou o .po), poder ver máis dalgún
> detalle concreto...
>
> Se lle parece ben a todo o mundo, fareino.

Paréceme, pero preferiria que te centraras no proxecto ese do que
falamos e do que ninguén pode saber.

En Trasno lévase tempo pensando en facer videotitoriais, porque o de
que sexa gráfico sempre axuda moito. Incluso poderian colgarse en
Youtube... seguro que habemos falar disto hoxe na reunión de Trasno.

Por outra parte aínda que todo o que comentas é bo que o tradutor o
coñeza, despois cando traduza non o vai usar na vida.

Ata logo,
                        Leandro Regueiro

Responderlle a