Olá, xusto veño de ler así por riba a proposta de estatutos, non puiden ler toda a conversa, así que tal vez o que comente aquí sexa repetido.
Comentarios: -Denominación da asociación (art. 1.1): Podería ser "Asociación para a localización de S.L. Proxecto Trasno" (engadido da palabra Proxecto). -Fin da asociación (art. 5.1): Penso que deberíamos facer referencia explícita a "Desenvolver software libre, incluíndo as fases de deseño, programación, documentación, probas de funcionamento, accesibilidade, internacionalización, marketing e servizo técnico", e no art. 5.2 ¾ do mesmo: para levar a cabo os fins poderá... e outros medios e similares, como programas informáticos tanto de infraestrutura como de aplicación. -No art 6.1.1: Voluntarios que traduzan ou desenvolvan software libre.... E quitar a nota final do artículo, que debe detallarse no artículo correspondente. -No art. 13, quitar as referencias a vicepresidente e a vogais (e de onde máis aparezan), deixando só un Presi, un Secretario, un Tesoureiro, e unha estrutura de delegación de autoridades. Motivacións: Respecto da composición da directiva: Da miña experiencia na directiva da asociación de viciños da miña parroquia: mellor poucos cargo, porque despois non hai xente, e de habela sempre se poden facer vogais, pero nos estatutos mellor non facelos por narices. Renovación bienal do cargo: ok, non teñen por que ser todos á vez (non é broma). Respecto dos fins: Ampliar o eido, por deixalos dentro do software (FLOSS) pero permitir máis posibilidades, como poder dar financiamento para o desenvolvimento picacódigo do gtr^H^H^Hlokalize, como fixo esta fundación holandesa ou belga, con Shaforo, escribir e editar manuais etc. Polo demais, xa me tarda estar na asembleia constitutiva !

