Miguel Branco escribiu:
Grazas polas correccións:

fin non é feminino?

non sempre. Para o caso concreto que aparece valerían en masculino e feminino.

[RAG pre-2003]
fin - s. 1. Momento no que non continúa máis, deixa de facerse ou de ter lugar algo. Este traballo está chegando á súa fin. SIN. conclusión.A fin de semana, a fin de mes. A fin do imperio. A fin do mundo. ANT. nacemento, orixe.O fin da película. SIN. final, remate, termo.ANT. comezo, empezo1, inicio, principio.CF. finalización. 2. Cousa determinada que se pretende conseguir. Logra-lo fin que se pretende por calquera medio. SIN. finalidade, meta, obxectivo, obxecto, propósito.s Á fin e ó cabo ou ó fin e ó cabo. Expresión que introduce un argumento que reforza unha afirmación anterior. Debías valerlle, ó fin e ó cabo é amigo teu. / A fin de, co fin de. Expresa a finalidade. A (co) fin de convencelo fai o que sexa. / En fin. En conclusión, para rematar. / No fin de contas. En fin, en resumo. / Por fin. Expresión que se usa para indicar que algo sucede despois de ser esperado certo tempo. ¡Por fin chegou o verán!

Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
ii. ... tales coma
diccionarios e correctores ortográficos. En xeral, facer que a comunidade
galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades
e requerimentos lingüísticos e culturais.

tales coma? > , coma... dicionario (corrixida)
requerimentos > requirimento ... mesmo se pode eliminar da frase

iii.Poñer a dipocición libre ... sen restricción nin trabas á tódolos...
restrición > (corrixida)
á tódolos > a tódolos
se de > se dea (se dea)
contribunites > contribuintes (corrixida)
iv.A promoción e difusión da labor da asociación e dos seus fins ...
 a labor > o labor (aquí empregamos labor tanto en masculino coma feminino)
os súas fins > é válido en masculino
ó cumprimento destes fins... > idem

iv. ...asoaciación [Nota: non contarían con dereito a voto, pero si a voz
nos órganos da asociación].
asociación > corrixida
pero si con voz nos... > na frase penso que estaría ben tal e como está : non contan con dereito a (...) pero si a (...); ambos aluden a dereito

facelemento > falecemento (corrixida)

CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 13º.
1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un
vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e vogais.
Son moitos cargos, de verdade pensades que vai haber tanta xente?

era tal  como estaba no modelo. propoñede vos un modelo alternativo

3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta
Directiva. A súa duración será por un período de 1 anos, aínda que poden
ser obxecto de reelección indefinidamente.
Como comentaron por aí, case mellor que as duracións sexan iguais.

certo


A notificación farase nos locais da asociación e as canles ordinarias de
comunicación da asociación a través de internet para as asembleas
ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas
extraordinarias.
Por que hai esta diferenciación do método de notificación dependendo
do tipo de asemblea? O período da asemblea ordinaria ven dado pola
lei?

si, ese periodo si, pero non as datas de asambleas. Engadin eu o de por internet xq tal como nos movemos non ten sentido mandar cartas pra unha asamblea normal; agora, dada as capacidades dunha asamblea xeral penso que si que é necesario avisar formalmente e individualmente. Non incluír isto penso que pode ser un problema para que acepten o estatuto.
Artigo 23º.- ... A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada
pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Se entendin ben e se celebra só unha ordinaria ao ano (aínda que Tsao
dixera que tiña que haber unha ordinaria e unha extraordinaria) a
seguinte sesión considerase que é o ano seguinte??

ó ano serian dúas xq (falo de memoria), hai que celebrar unha ordinaria e outra antes de finalizar o periodo de fiscalidade (q está posto para coincidir co ano oficial) e aprovar as contas do ano presente.
Como nota xeral cambiaria asociado (e asociada) por socio e socia.

pois tes razón. Vedes necesario facer todas estas parvadas de socio/a etc??. Eu é que me parece incluso aberrante. O xénero gramatical masculino representa o masculino e o neutro, e cando falamos en feminino é para resaltar algo 'extraordinario' (=digno de mención) que é que algo en conxunto é feminino.
A min tamén me parece unha parvada, e por se se ofende alguén dame igual se pos todo en feminino, prefiroo antes que andar facendo un texto ilexíbel por repetir os dous xéneros.


Responderlle a