> Comentarios:
> -Denominación da asociación (art. 1.1): Podería ser "Asociación para a
> localización de S.L. Proxecto Trasno" (engadido da palabra Proxecto).

Vale. O nome case me da igual. Unha cousa, como veriades de introducir
que nos autodenominamos "trasnegos"? :)

> -Fin da asociación (art. 5.1): Penso que deberíamos facer referencia
> explícita a "Desenvolver software libre, incluíndo as fases de deseño,
> programación, documentación, probas de funcionamento, accesibilidade,
> internacionalización, marketing e servizo técnico", e no art. 5.2 ­¾
> do mesmo: para levar a cabo os fins poderá... e outros medios e
> similares, como programas informáticos tanto de infraestrutura como de
> aplicación.

...marketing e servizo técnico?? Pero isto vai ser unha empresa de
desenvolvemento de SL ou que?

> -No art 6.1.1: Voluntarios que traduzan ou desenvolvan software
> libre.... E quitar a nota final do artículo, que debe detallarse no
> artículo correspondente.
>
> -No art. 13, quitar as referencias a vicepresidente e a vogais (e de
> onde máis aparezan), deixando só un Presi, un Secretario, un
> Tesoureiro, e unha estrutura de delegación de autoridades.

Totalmente de acordo con isto.

> Motivacións:
>
> Respecto da composición da directiva:
> Da miña experiencia na directiva da asociación de viciños da miña
> parroquia: mellor poucos cargo, porque despois non hai xente, e de
> habela sempre se poden facer vogais, pero nos estatutos mellor non
> facelos por narices. Renovación bienal do cargo: ok, non teñen por que
> ser todos á vez (non é broma).

Ata certo punto pode ser problemático o de non renovar todo de vez.

> Respecto dos fins:
> Ampliar o eido, por deixalos dentro do software (FLOSS) pero permitir
> máis posibilidades, como poder dar financiamento para o
> desenvolvimento picacódigo do gtr^H^H^Hlokalize, como fixo esta
> fundación holandesa ou belga, con Shaforo, escribir e editar manuais
> etc.

Non o vexo mal de todo. Pero mellor engadilo como posibilidade e non
como obriga, hai que ter en conta que pode que non se teñan cartos
dabondo...

> Polo demais, xa me tarda estar na asembleia constitutiva !

Eras ti o que dixera que a próxima asemblea teria que ser en Vigo para
non deixalos descoidados? :)

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a