Ola, aínda non lin ningunha das propostas, pero vou responder a certas cousas xa.
2009/7/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>: > As erratas ou correccións obvias van simplemente corrixidas. Os cambios > propostos van ademais marcados con cor. Hai bastantes detalles tocado pero o > cambio máis importante é a necesaria distinción de situacións en que unha > persoa ou entidade actúa como socio e cando non. Debido ao sector no que se > inscriben as actividades vai ser totalmente inevitable que ás veces coincida > a faceta profesional e a altruísta. Con deixalo claro soluciónase > facilmente. Non estaría mal o de distinguir o das situacións. > 3. Propoño a primeira semana de setembro para a Asemblea constituínte É moi tarde. Ademais xusto as dúas primeiras semanas de setembro teño exames. > Gran traballo o de Miguel Concordo. > 2009/7/17 Miguel Branco <bandu...@gmail.com> >> e pídovos que: >> 1º digades se hai algo que quirades cambiar,algo que obxectar.... >> 2º avisarades de erratas >> 3º propuxerades data para a asemblea >> >> >> __________ Resultados das votacións __________________________ >> == Directiva Xeral: >> 1 presidente, 1 secretario 1 tesoureiro: Dani, Marce, Xosé >> 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro, vogais a vontade: Leandro, M. >> Bouzada, Eu >> >> == Duración dos cargos: >> cada dous anos, igual duración: todos >> >> == Método de elección da directiva: >> *Lista pechada/Presidente por elección directa, elixe directiva: Xosé >> *a asemblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o >> presidente >> que nomea a directiva, a asemblea ratifica a nova directiva: Dani >> *a asemblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran >> na >> directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o >> presidente. >> O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na primeira >> volta.: Marce, Leandro, Eu >> * asemblea vota persoas, individualmente, as máis votadas entran na >> directiva >> por orde de importancia (presidente > vicepresidente >...): M. Bouzada >> >> == Actas: >> Na mesma sesión: Xosé, M. Bouzada, Dani (indif) ,Eu >> Na seguinte sesión: Marce, Leandro, Dani (indif) >> >> == Votación electrónica: >> Só en asemblea ordinaria: Dani, Marce, M. Bouzada, Xosé, Eu >> Tamén en asemblea extraordinaria: Leandro >> >> >> __________ Cambios importantes ______________________________ >> >> >> Capítulo I. >> Corrección da denominación (art. 1) >> Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte (art. >> 5.1.v & 5.2.vi) >> >> Capítulo II. >> Reincorporase o asociado xuvenil >> >> Capítulo III. >> Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro (art. 11) >> Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3) >> Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as >> vacantes (art. 12.4 & 13.3) >> Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas >> corresponden con un asociado (art .14.ix) >> Establecese a 'delegación de voto' (art. 25) >> >> ____________ Razoamentos das modificacións _________________ >> Capítulo II. >> **Reincorporase o asociado xuvenil >> Eliminárao inicialmente, reincorpóroo por se houber menores de idade, que >> necesariamente teñen que ser excluídos da directiva xeral. Descoñezo se é >> obrigado ter este apartado, así que por se acaso, vai incluido. Parécecheme ben. >> **Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3) >> A proposta máis votada fora a f. Pero dani propoñía outra similar, M. >> Bouzada >> prefería que os cargos quedasen determinados por unha primeira volta por >> orde >> de importancia, e Xosé que era partidario de lista pechadas ou similar. En >> fin. >> Redactei o punto en base a proposta (f) e establecendo un xeito de >> resolver o >> problema de eliminar o vicepresidente e cubrir as vacantes. Así que a >> proposta >> son dúas quendas de votacións, unha de 'escolma' de candidatos e outra >> 'segunda volta' á francesa para determinar a posición dos candidatos. >> Nótese >> que considero que poden darse empates, algo agora mesmo previsible cun >> número >> baixo de 'socios'. Votación segreda en 'urna' da que quedan excluídos os >> xuvenís (menores de 18) e os patrocinadores (misión: evitar influencia de >> empresas na elección da directiva) E que facemos en caso de empate? terei que ler a proposta. >> **Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as >> vacantes (art. 12.4 & 13.3) >> No método de elección do presidente inclúo o de que o escolla entre os >> que >> entran na segunda ronda (que son tantos coma cargos na directiva + 1) quen >> é >> na directiva para conxugar aquilo de se o presidente se leva mal con >> alguén >> etc coa 'vontade popular'. Os que entran na segunda volta son catro, para >> que >> sobre alguén. (Un é o presidente, que elixe quen dos outros tres é o >> secretario e o tesoureiro e sobra un ).Con isto queda un alguén definido >> por >> se houbera que cubrir vacantes na directiva xeral. Non sería calquera, é >> alguén específico que obtivo votos na elección. >> >> Logo, determino que quen faga de 'vicepresidente' sexa o secretario >> (paréceme >> o lóxico 2º posto nunha directiva a 3), e que o posto que este deixa libre >> temporalmente o cubra ese 'cuarto' nas votacións. Penso que non tería >> sentido >> que cubrise o posto de presidente ese cuarto. Paréceme ben. Respecto ao que comenta Damufo de que debe ser o presidente quen elixa a directiva, mellor evitar que a directiva odie ao presidente por metelos no fregado. >> **Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas >> corresponden con un asociado (art .14.ix) >> Paréceme importante dabondo como para que vaia nos estatutos. A alguén lle >> haberá quen reclamar se existen votos duplicados etc Home, e non poderían ser certificadas ademais por un conxunto máis amplo de socios? Igual entendín mal... >> **Establecese a 'delegación de voto' (art. 25) >> Preguntei algo que non tiña sentido: o de cando permitir a delegación de >> voto. >> A pregunta sería: para qué permitir a delegación de voto. Pódese delegar >> voto >> para elixir presidente?. Isto darase habitualmente nas asembleas >> ordinarias, >> excepcionalmente nas extraordinarias. Así que aquí volvo a facer de >> avogado do >> demo. Marco que se pode delegar voto comunicándollo ó secretario (para que >> anote o voto) e facéndoo público, caso de realizar as asembleas >> presencialmente, con antelación e sempre que o que se vota non sexa algo >> ambiguo. Para votacións ordinarias isto supoño que é suficiente. -ie. >> Migramos >> a web a drupal? si, non... Pagámoslle o gasoil ó preside cando vaia de >> marcha? >> non!!... Enténdeseme, non?. Penso que o da delegación de voto, se temos voto certificado con sinatura dixital non sería tan necesario... >> Caso da elección do presidente/directiva é diferente. O que fixen foi >> dicir >> que se si podería por correo enviando: >> - un sobre co nome, nº de asociado... (identificador do asociado) >> - un sobre dentro do outro sen identificación co voto por x persoa >> - ábrese o 1º sobre no momento da 1º quenda de votación >> - rexistrase, vota fulanito de tal, e o sobre co voto que o acompaña ponse >> a >> canda os demais >> - compútanse tódolos votos por igual >> Se o voto se entende como segrego só pode valer isto para a 1º quenda de >> votación. >> >> >> ::Notas:: >> O estatuto tal como está é bastante ríxido e específico. Pode parecer >> excesivo >> na redacción pero penso que é o mellor para evitar problemas por non >> establecer determinadas cousas. Por exemplo, no modelo de estatuto NON se >> especifica como escoller a directiva. Só se di que se escolle en asemblea >> xeral. Neste estatuto especifícariase ata como resolver empates. Paréceme >> conveniente. >> Logo, tomando como refente ós estatutos de KDE ev. e Gnome foundation, >> introducira o 'patrocinador' con voz pero sen voto: isto está pensado >> para >> evitar que a asociación a dirixa 'x' empresa interesada etc. Que conste >> que >> non penso en ninguén en concreto pero hai que pensar na posibilidade. Certo. Ata logo, Leandro regueiro