Boas:

Miguel Branco escribiu:
O Domingo, 19 de Xullo de 2009 15:01:58 damufo escribiu:
Boas:
Xa lin os estatutos (por enriba)
Recoñecendo que é manía persoal, prefiro blogue/blogues a blog/blogs
igual que clube/clubes a club/clubs. Isto é só un comentario.

idem, inda que penso que a norma RAG non di isto pois penso que considera club et al como extranxeirismos a tódolos efectos. Non é?


suspendaranse -> suspenderanse
proxectoe?? (isto está ao final, no penúltimo parágrafo)

corrixido

Cando se fala do que substitúe ao presidente, temos vicepresidente?

Non hai vicepresi, iso foi o que votamos: Hai presidente, secretario e tesoureiro. O presidente quedaría substituído polo secretario e o secretario polo cuarto (e que non pertence a directiva) que saíra nas votacións da elección de presidente. Incluir vicepresidente supón ter catro cargos e agora mesmo parece demasiado, IMO. Se se vos ocorre outra mellor solución para substituir ós membros da directiva en caso de vacante sen incluír un presidente, comentádeo.
"Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o
substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade."

penso que isto xa o eliminei, revisareino e eliminareino

Se o voto é secreto, como se controla isto?
"a unha primeira quenda de votación na que o asociado vota por calquera
outro asociado, agás os que teñan condición de patrocinadores, xuvenís
ou por si mesmo; " eu quitaría o de "votar por si mesmo"
tamén tes razón, sobraría.

Que pasa se na primeira volta un candidato ten maioría de votos??
Penso que habería que pór no que non hai segunda volta. Non lle vexo
sentido.

A primeira volta sería coma unha escolma de candidatos,na segunda os que saíran poden decidir se presentarse ou non. Así evitamos que haxa que presentar listas ou candidatarse... É algo similar ó que se fai en debian, fedora... para as votacións

Poñamos que esa maioría é 1 40%, 2 20% etc, sen segunda volta o 1 sairía presidente: igual cunha segunda volta non sairía se é unha figura polarizante e podería saír o 2 por se aglutiraren o resto de votos nel (vd. Sarkozy, Le Pen). Se hai un candidato que ten moito apoio, a segunda volta será un requisito e non sobra.
Vale o da segunda volta si ou si, pero penso que a posbilidade de un presidente cun 30% de apoio non é aceptábel. Se queres elixir entre os 4 mellores penso que habería haber unha terceira volta para elixir entre os 2 mellores. O presidente ha de ser unha persoa de consenso e o 30% de apoio como pode darse o caso non o é.


Por outra banda penso que se ha de elixir entre os 2 máis votados para
procurar maiorías e non entre os catro máis votados.

o de catro está para que queden determinados a xente da directiva e quen faga as vacantes. Se optarásemos por un modelo presidencialista, si. Sae o presidente e logo el elixe a directiva. Pero xa digo que votamos nesa minienquisa que fixera outra cousa.


Sego a pensar que a directiva tiña que elixila o presidente. De todos os
xeitos se queredes, o secretario (controlador do presidente) que o elixa
a asemblea pero o/s demais cargos que o elixa o presidente. Sigo a
pensar que se o presidente non elixe equipo eu non lle podo pedir
responsabilidades.

Posición moi lexítima. De todos xeitos, redactei o modelo de elección así pensando un pouco en todos. Como o presidente só pode elixir entre os que máis votos tiveran, a directiva non son os 'amigos do presidente' senón que poden ser calquera. Inda así, o presidente ten que nomear dou cargos (secretario e tesoureiro) entre tres persoas, así que ten unha marxe de elección, mínima pero que lle permite excluír a alguén con quen non poida/queira traballar. Penso que non é unha mala solución para avir a túa solución con outras que se fixeron.
Non comparto para nada como xa dixen, pero que se lle vai facer?, iso non quere dicir que non aceptete o que a maioría decida, que así é.

De todos xeitos, se preferides cambiala, non habería problema. Propoñede alternativas e valoramos.
Eu propoño que se se quere o presidente teña que elixir o secretario (para os que queren que sexa unha persoa de control e que non comparto) dos mais votados e os demais (tesoureiro, vogais...) de entre os socios da súa confianza ou que pense que son válidos.

Como penso que son postos con requisitos diferentes, penso que o de que o voten a un para posíbel presidente non quere dicir que o votasen para posíbel secretario ou tesoureiro. Eu seguramente non votaría ao mesmo para secretario que para presidente, daquela, ¿porque ten que elixir o presidente para secretario ou tesoureiro a quen foi votado como posíbel presidente?
Sinto ser tan fodón.



Responderlle a