Boas:

Javier Pico escribiu:



2009/7/20 Miguel Branco <bandu...@gmail.com <mailto:bandu...@gmail.com>>

    O Domingo, 19 de Xullo de 2009 15:01:58 damufo escribiu:
     > Boas:
     > Xa lin os estatutos (por enriba)
     > Recoñecendo que é manía persoal, prefiro blogue/blogues a blog/blogs
     > igual que clube/clubes a club/clubs. Isto é só un comentario.

    idem, inda que penso que a norma RAG non di isto pois penso que
    considera club
    et al como extranxeirismos a tódolos efectos. Non é?


No gabinete de comunicación do Burela FS Pescados Rubén <http://www.burelafs.org> empregamos o termo "Club".

No volga aparece "Club" e non "clube".
Xa os sei! de feito xa o comentei hai ben de tempo nesta rolda. Outra cousa é que comparta semellante aberración e máis cando o máis estendido e que se adecúa ademais a nosa grafía é "clube", penso que os entendidos cometeron un erro e non me vou de nada, simplemente gustaríame saber o porque de tal decisión, poida que así a comprendese máis.
Por certo o decían no Xabarín: "Cada dia somos mais!!!E ti??Xa es do clube?"
Todos temos as nosas cousas e eu non vou contribúir a estender club no canto de clube outra cousa é unha tradución, aínda teño que meditalo.


Responderlle a