Boas, Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.
Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar, ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os próximos 10 anos. O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión, -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode atoparse eiquí: http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3 Resumindo: * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado: - Desenvolvemento: - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos) - AraOS, Galinux (documentación e debs) - l10n: - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un destes proxectos ten infraestructura propia independente de Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor sentimental. - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais) - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso) - Toda a documentación publicada - A maiores: - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica - Mirror da web, incluíndo wiki * Distribución dos servizos: - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a: - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o traballo diario e as xuntanzas periódicas. - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e flexibel. * Estratexia para o traslado: - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar a conta e iniciar o respaldo. - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende a web de información do mailman. - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a non ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que amose o mailman para a rolda. - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado. - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo). * Tarefas concretas para a migración: - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e Trasno. * Servizos que podemos ofrecer Eiquí houbo tormenta de ideas: - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/ GNOME) - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata. - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse na galeguización de software. - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova xente, vía web. En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: quedaría aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo as súas achegas. * Tarefas e perfís Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise. * Outros - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada. Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non pode representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo estaría excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais iso non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó para todos. - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún, senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela. Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así, o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima transparencia. Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza. Saúdos, Suso Baleato escrebeu: > Boas, > > Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia > da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí > estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas > de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto > presencialmente como facendo aportacións vía correo. > > Saúdos e avante toda! > > > > Suso Baleato escrebeu: > > Suso Baleato escrebeu: > > > Minhoca escrebeu: > > > > Suso Baleato escribiu: > > > > > > > > > > > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos > > > de > > > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade > > > aos > > > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n. > > > > > > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen > > > queira, > > > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode > > > vir, que > > > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda. > > > > > > > Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais > > fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola > > Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu. > > > > Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para consideración > > xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para Compostela > > (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos de > > local, a ser posibel con aparcadoiro fácil). > > > > NATUREZA > > -------- > > Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser institucional > > nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha > > federación > > de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para > > iso, > > máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe cando > > a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta > > complicado > > facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova > > persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, na > > liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas > > físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo dos > > consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas mentres > > cada > > quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións > > existentes, > > como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e > > demais > > axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido > > identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o que > > medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do > > software. > > Todo o que veña a maiores, benvido sexa. > > > > NOME > > ---- > > Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar a > > indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis > > neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. O > > motivo > > é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican > > claramente, > > está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes de > > dominio > > e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á > > comunidade > > con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un mancomún-2 > > idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua > > son os > > que vemos como máis críticos. > > > > RECURSOS > > -------- > > Os recursos dos que dispoñemos son: > > > > - Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola Ciberirmandade, > > con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso > > comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o límite > > que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun > > servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles manterían > > en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades > > definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de > > seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico, > > glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este > > servidor > > ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de control, > > scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación non > > acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total > > independencia. > > > > - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha para > > respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver > > diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as > > traducións, > > unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada aquí) > > e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o > > proceso > > de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto que > > era > > vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, decidín > > asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste > > servidor > > pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das > > traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o ofrecemento > > da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, > > xunto > > cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os > > dous > > próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido este > > tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual para > > ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial e > > xa > > non facemos falta.) > > > > ALCANCE > > ------- > > Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún > > (observación, > > formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e soporte) > > e > > contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso priorizar > > seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos abarcar. > > E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que imos > > poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de seguranza- > > e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de > > localización. > > > > Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, monifate > > e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe corresponder > > ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as que > > mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser continuados > > e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles dende > > fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza todo o > > código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha conta no > > servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida > > programar > > unha copia de seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro poida > > reutilizarse o material evitando que se perda. > > > > Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e un > > problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes de > > que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a comunicación > > -e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por eso > > acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da rolda de > > mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural é a > > falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no g11n > > sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que poidamos > > atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o sistema > > de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é > > necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en > > facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. Todo > > esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para > > hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer en > > marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa que > > montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que irían > > sendo definidos pola comunidade. > > > > Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é isto > > que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o que se > > comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o > > sitio > > xa avisamos. > > > > [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto > > cousas > > como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a SW > > Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron > > abortadas > > polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel > > mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a > > levar > > a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as > > miñas > > iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da > > parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo coa > > máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas. > > > > [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á > > comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para > > permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do > > g11n. > > > > > Saúdos e veña que vamos, > > > > > > > > > > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente > > > > > aberta para > > > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de > > > > > cara ao > > > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que > > > > > o resto > > > > > irá chegando de forma natural. > > > > > > > > > > > > > Adiante. > > > > > > > > -- > > > > --- > > > > Saúde. > > > > ...................................................................... > > > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. > > > > > > > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora > > > > http://www.ciberirmandade.org > > > > > > > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede > > > > ...................................................................... > > > > > > > > _______________________________________________ > > > > G11n mailing list > > > > [email protected] > > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > > > > > -- > > > http://susinho.pagina.de/ > > > _______________________________________________ > > > G11n mailing list > > > [email protected] > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > > > -- > > http://susinho.pagina.de/ > > > > -- > http://susinho.pagina.de/ > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. -- http://susinho.pagina.de/
<<attachment: g11n_v3_portaberta.png>>
<<attachment: g11n_v3_eskerda.png>>

