> Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da > Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan > pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido > a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.
É de agradecer xa que non puiden asistir. Comento abaixo certas cousas que chamaron a atención, non teño tempo para máis agora. > Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora > a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar, > ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os > próximos 10 anos. > > O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión, > -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven > nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode > atoparse eiquí: > > http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3 > > Resumindo: > > * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren > disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado: > > - Desenvolvemento: > - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos) > - AraOS, Galinux (documentación e debs) > > - l10n: > - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un > destes proxectos ten infraestructura propia independente de > Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do > oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen > funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi > útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor > sentimental. > - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais) > - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso) > - Toda a documentación publicada > > - A maiores: > - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica > - Mirror da web, incluíndo wiki > > * Distribución dos servizos: > > - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de > rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a: > > - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos > dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o > traballo diario e as xuntanzas periódicas. > > - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP > correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e > flexibel. > > * Estratexia para o traslado: > > - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición > da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que > consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar > a conta e iniciar o respaldo. > > - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que > sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais > roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e > alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que > seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA > suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso > manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende > a web de información do mailman. E por que imos manter a rolda g11n? > - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis > que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a non > ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará > copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se > defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que > amose o mailman para a rolda. > > - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen > descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado. > > - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos > máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa > (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo). > > * Tarefas concretas para a migración: > > - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e Trasno. > > * Servizos que podemos ofrecer > > Eiquí houbo tormenta de ideas: > > - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por > exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki > sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/ > GNOME) > - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata. Por que un foro? > - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse > na galeguización de software. > - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova > xente, vía web. Xa se falou bastante sobre por que non traducir vía web. > En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non > agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser > resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: quedaría > aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo > as > súas achegas. > > * Tarefas e perfís > > Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise. > > * Outros > > - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse > en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso > interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada. O que me faltaba por ver. Demostra que é fechada. Demostra que se lle negou a xente de fóra a capacidade de participar, é máis demostra que ninguén de fóra participou. > Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non pode > representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo estaría > excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma > independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais iso > non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que > Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó > para todos. Non lembro exactamente que parte dos estatutos enviou onte Miguel, pero inclúen a participación de entidades externas nos procesos de decisión periódicos. Por outra parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación, e evidentemente se non se unen todos non representará a todos, pero xa dixen que se pode unir quen queira. Tampouco era a idea de representar a todos os tradutores xa que os tradutores independentes poden non querer ser representados, e destes algúns, e evidentemente non podemos intentar arrogarnos o dereito a representalos. Por outra banda como imos publicar os recursos e ferramentas de xeito libre, non terán problema en beneficiarse da actividade da asociación aínda que non sexan socios. > - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro > para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema > suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e > desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é > preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún, > senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e > institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela. > > Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous > anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así, > o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o > mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os > próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o > mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima > transparencia. > > Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o > desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura > de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será > unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza. Quen participou na xuntanza de onte? Ata logo, Leandro Regueiro

