Boas, Esqueceume poñer a ligazón ás novas; unha é a da Nosa Terra, que xa chegou, outra está en Vieiros (agora non atopo a ligazón) e as outras dúas enlazan dende eiquí:
http://www.xornal.com/artigo/2009/10/14/sociedad/xunta-non-financiara-mancomun-porque-proxecto-do-bipartito/2009101423343193015.html Desconecto até mañá, grazas á Ciberirmandade por ofrecer as súas máquinas e ánimo aos de Trasno co seu proxecto de asociación, cantos máis sexamos mellor. Saúdos, Suso Baleato escrebeu: > Boas, > > Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da > Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan > pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido > a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas. > > Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora > a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar, > ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os > próximos 10 anos. > > O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión, > -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven > nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode > atoparse eiquí: > > http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3 > > Resumindo: > > * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren > disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado: > > - Desenvolvemento: > - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos) > - AraOS, Galinux (documentación e debs) > > - l10n: > - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un > destes proxectos ten infraestructura propia independente de > Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do > oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen > funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi > útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor > sentimental. > - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais) > - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso) > - Toda a documentación publicada > > - A maiores: > - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica > - Mirror da web, incluíndo wiki > > * Distribución dos servizos: > > - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de > rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a: > > - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos > dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o > traballo diario e as xuntanzas periódicas. > > - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP > correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e > flexibel. > > * Estratexia para o traslado: > > - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición > da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que > consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar > a conta e iniciar o respaldo. > > - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que > sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais > roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e > alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que > seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA > suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso > manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende > a web de información do mailman. > > - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis > que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a > non > ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará > copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se > defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que > amose o mailman para a rolda. > > - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen > descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado. > > - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos > máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa > (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo). > > * Tarefas concretas para a migración: > > - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e Trasno. > > * Servizos que podemos ofrecer > > Eiquí houbo tormenta de ideas: > > - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por > exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki > sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/ > GNOME) > - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata. > - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse > na galeguización de software. > - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova > xente, vía web. > > En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non > agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser > resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: quedaría > aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo > as > súas achegas. > > * Tarefas e perfís > > Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise. > > * Outros > > - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse > en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso > interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada. > Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non pode > representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo estaría > excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma > independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais iso > non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que > Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó > para todos. > > - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro > para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema > suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e > desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é > preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún, > senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e > institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela. > > Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous > anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así, > o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o > mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os > próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o > mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima > transparencia. > > Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o > desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura > de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será > unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza. > > Saúdos, > > Suso Baleato escrebeu: > > Boas, > > > > Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia > > da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí > > estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas > > de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto > > presencialmente como facendo aportacións vía correo. > > > > Saúdos e avante toda! > > > > > > > > Suso Baleato escrebeu: > > > Suso Baleato escrebeu: > > > > Minhoca escrebeu: > > > > > Suso Baleato escribiu: > > > > > > > > > > > > > > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de > > > > recursos de > > > > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle > > > > continuidade aos > > > > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n. > > > > > > > > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas > > > > quen queira, > > > > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode > > > > vir, que > > > > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda. > > > > > > > > > > Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais > > > fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola > > > Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu. > > > > > > Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para consideración > > > xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para > > > Compostela > > > (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos > > > de > > > local, a ser posibel con aparcadoiro fácil). > > > > > > NATUREZA > > > -------- > > > Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser > > > institucional > > > nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha > > > federación > > > de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para > > > iso, > > > máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe > > > cando > > > a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta > > > complicado > > > facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova > > > persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, > > > na > > > liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas > > > físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo > > > dos > > > consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas > > > mentres cada > > > quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións > > > existentes, > > > como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e > > > demais > > > axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido > > > identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o > > > que > > > medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do > > > software. > > > Todo o que veña a maiores, benvido sexa. > > > > > > NOME > > > ---- > > > Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar a > > > indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis > > > neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. O > > > motivo > > > é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican > > > claramente, > > > está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes > > > de dominio > > > e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á > > > comunidade > > > con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un > > > mancomún-2 > > > idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua > > > son os > > > que vemos como máis críticos. > > > > > > RECURSOS > > > -------- > > > Os recursos dos que dispoñemos son: > > > > > > - Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola > > > Ciberirmandade, > > > con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso > > > comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o límite > > > que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun > > > servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles > > > manterían > > > en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades > > > definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de > > > seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico, > > > glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este > > > servidor > > > ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de > > > control, > > > scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación > > > non > > > acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total > > > independencia. > > > > > > - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha para > > > respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver > > > diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as > > > traducións, > > > unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada > > > aquí) > > > e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o > > > proceso > > > de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto que > > > era > > > vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, > > > decidín > > > asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste > > > servidor > > > pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das > > > traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o > > > ofrecemento > > > da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, > > > xunto > > > cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os > > > dous > > > próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido > > > este > > > tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual para > > > ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial > > > e xa > > > non facemos falta.) > > > > > > ALCANCE > > > ------- > > > Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún > > > (observación, > > > formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e > > > soporte) e > > > contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso priorizar > > > seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos > > > abarcar. > > > E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que imos > > > poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de > > > seguranza- > > > e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de > > > localización. > > > > > > Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, > > > monifate > > > e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe > > > corresponder > > > ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as que > > > mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser > > > continuados > > > e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles dende > > > fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza todo > > > o > > > código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha conta > > > no > > > servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida > > > programar > > > unha copia de seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro poida > > > reutilizarse o material evitando que se perda. > > > > > > Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e > > > un > > > problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes > > > de > > > que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a comunicación > > > -e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por eso > > > acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da rolda > > > de > > > mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural é > > > a > > > falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no > > > g11n > > > sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que > > > poidamos > > > atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o > > > sistema > > > de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é > > > necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en > > > facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. Todo > > > esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para > > > hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer > > > en > > > marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa que > > > montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que > > > irían > > > sendo definidos pola comunidade. > > > > > > Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é isto > > > que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o que > > > se > > > comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o > > > sitio > > > xa avisamos. > > > > > > [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto > > > cousas > > > como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a > > > SW > > > Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron > > > abortadas > > > polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel > > > mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a > > > levar > > > a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as > > > miñas > > > iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da > > > parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo > > > coa > > > máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas. > > > > > > [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais > > > á > > > comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para > > > permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do > > > g11n. > > > > > > > Saúdos e veña que vamos, > > > > > > > > > > > > > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente > > > > > > aberta para > > > > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de > > > > > > cara ao > > > > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de > > > > > > que o resto > > > > > > irá chegando de forma natural. > > > > > > > > > > > > > > > > Adiante. > > > > > > > > > > -- > > > > > --- > > > > > Saúde. > > > > > ...................................................................... > > > > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. > > > > > > > > > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora > > > > > http://www.ciberirmandade.org > > > > > > > > > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede > > > > > ...................................................................... > > > > > > > > > > _______________________________________________ > > > > > G11n mailing list > > > > > [email protected] > > > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > > > > > > > -- > > > > http://susinho.pagina.de/ > > > > _______________________________________________ > > > > G11n mailing list > > > > [email protected] > > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > > > > > -- > > > http://susinho.pagina.de/ > > > > > > > > -- > > http://susinho.pagina.de/ > > > > > > -- > > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > > -- > http://susinho.pagina.de/ -- http://susinho.pagina.de/

