>>>> E por que imos manter a rolda g11n? >>> E por que non? Non se demostrou abondo como unha ferramenta de >>> coordenación e contacto excelente? >> >> Ter varias listas para os tradutores voluntarios é dividir á xente en >> vez de concentrala. > > Nos últimos tempos, grazas á rolda g11n houbo menos división do que era > habitual (e, coa mesma, máis coesión). Por que non seguir por ise camiño?
Eu non che son da mesma opinión. Acepto que serviu para pór en contacto a moita xente que antes non sabia da outra, pero ao mesmo tempo aumnentou o esforzo de comunicación ao ter que dicir o mesmo en varias roldas. A razón de ser da rolda de g11n creada por mancomún era pór en contacto ás empresas, aos voluntarios e á administración, agora que desaparece a administración xa non son tantas as partes a comunicarse. Xa neste punto sería útil considerar que a xente pase a comunicarse entre sí nas roldas da comunidade de voluntarios en vez de manter outra rolda máis. >>>> Por que un foro? >>> E por que non? Cantas máis opciós se lle oferezcan á comunidade moito >>> millor, non é? >> >> Opcións si, pero o problema da terminoloxía é que non está >> centralizada, e os sistemas de discusións actuais teñen carencias. Un >> foro non soluciona nada, xa que ten as mesmas carencias, ou máis >> aínda. O lóxico sería montar un sistema como o que se propuxo no >> G11nv2. > > Pois aí xa hai unha proposta... é só falar entre tod@s e decidirmos o > máis axeitado. Millor que preguntar é propoñer, non cres? Xa miramos o software existente. A falta de descubrir algo mellor que o que se viu non hai nada que se axeite sen ter que realizarlle tantos cambios que case é mellor crear un novo software de cero. Isto xa se comentara hai meses, pero non estou seguro de todo se fora na rolda de mancomun... >> Para iso xa temos Launchapd, e dende aí podemos formar a aqueles >> tradutores que desexen traducir máis en serio e non só unha cadea hoxe >> e outra a semana que vén. Eu aprendín só practicamente, e podo >> asegurar que ninguén me indicou como facelo, a non ser a través dos >> documentos de "aprende a traducir" de Trasno, e non son unha mente >> privilexiada. > > Pois xa estamos dacordo, non si? En todo caso, discrepo na túa visión de > non contar cos que traducen só unha cadea cada semana (non podemos > esquecer en que ámbito estamos e non podemos renunciar a ningunha > posibilidade por pequena que sexa). Pero para que haxa avance, para que > haxa acordos ten que haber visiós diferentes. Non estou falando de renunciar a ninguén senón de telos onde poidan causar menos destrozos. A xente que traduce unha cadea de cando en vez, ou poucas de cando en vez que para o caso vén séndoche o mesmo, tende a non manter unha coherencia nas traducións e a cometer erros, sen darse conta. Por outra banda a súa colaboración é moi variable e non se pode depender do seu traballo para moitas cousas. Podo seguir dando explicacións sobre o tema, pero isto xa se discutiu bastante na rolda de Launchpad e noutros sitios. > Evidentemente (eu tampouco son xenio ningún) todo o mundo pode aprender, > mais non é unha cuestión de capacidade senón de tempo. Quen non ten tempo para aprender o básico tampouco pode traducir moito nin cunha calidade mínima. E tampouco leva tanto tempo, nin ten que aprender todo dunha vez. >> Claro que non, quen queira traducir por libre e colaborar na expansión >> e mellora dos recursos e ferramentas comúns que Trasno pon e porá a >> disposición de todo o mundo sen involucrarse na asociación poderá >> facelo. Se se quere participar na asociación evidentemente terá que >> ser socio, ou é que vós lle deixades a outra asociación, como pode ser >> Galicia Bilingüe, que inflúa no funcionamento da vosa asociación sen >> ser socia da vosa asociación? > > A ver, estasme poñendo un exemplo extremo, e eu vouche poeñr outro co > mesmo concepto: Non cho nego :) > - Maxina que Galicia Bilíngüe conseguise controlar a CIF... en ningún > momento poderían estar tranquilos, pois hai moitas outras organizaciós > que traballan a prol da normalización lingüística, e coas que > colaboramos adoito. A loita a prol da língua non depende da CIF. > - Maxina agora que Microsoft conseguise controlar Trasno... o resto é > fácil de maxinar, non si? Todo dependería da existencia de outras > organizaciós traballando a prol do mesmo. Xa se fixeron os estatutos con moitas destas cousas en mente. Poderán aportar ideas, pero non terán voto, para iso hai que ser socio. E insisto en que o funcionamento real de Trasno e da comunidade de voluntarios (independentes ou doutros grupos) non vai ver afectado o seu traballo exceptuando o feito de que a asociación intentará darlles voz e representalos se eles queren, proporcionarlles máis recursos e ferramentas e mellorar, integrar e simplificar o xa existente, e ademais proporcionar formación, e tamén captar novos tradutores que poidan estar interesados (sen obriga ningunha pola súa parte para asociarse nin a ningunha outra cousa). >> E por outra banda en que te baseas para preguntar e afirmar o que afirmaches? > > Home... ti dixeches: > - "[os estatutos] inclúen a participación de entidades externas nos > procesos de decisión periódicos" ('periódicos' non ten un concepto de > continuidade, senón de cousa puntual). Por isto queria dicir as asembleas, que son periódicas e non continuas. O día a día virá determinado polas decisións da directiva que poderán ser modificadas ou vetadas a petición dos socios, como supoño que pasará na CIF. Isto non quita que a opinión doutras persoas non asociadas se poida ter en conta, sempre que se trate de cousas públicas e non internas da asociación, como é lóxico. > - "Por outra parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación" > (non sei, mais non parece o mesmo 'colaborar' en plan "free-lance" que > 'adherirse'). E que non é o mesmo. Ata logo, Leandro Regueiro