Leandro Regueiro escribiu na data 15/10/09 16:35:
E por que imos manter a rolda g11n?
E por que non? Non se demostrou abondo como unha ferramenta de coordenación e contacto excelente?
Por que un foro?
E por que non? Cantas máis opciós se lle oferezcan á comunidade moito millor, non é?
Xa se falou bastante sobre por que non traducir vía web.
Aínda non dabondo. Na actualidade hai xa moitas ferramentas de control de versiós e coordenación de traballos que permiten a coexistencia de aplicativos on-line e off-line. O ámbito da tradución non pode ser unha élite, de elixidos que saiban facer de todo. Hai xente con unhas competencias técnicas excelentes e lingüñisticas arrepiantes e tamén o caso contrario. É normal que os primeiros traballen para lles facilitar a participación aos segundos, e en moitos casos iso significa crear ferramentas de tradución colaborativa vía web.
Non lembro exactamente que parte dos estatutos enviou onte Miguel, pero inclúen a participación de entidades externas nos procesos de decisión periódicos. Por outra parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación, e evidentemente se non se unen todos non representará a todos, pero xa dixen que se pode unir quen queira.
Ou sexa, que só hai opción de participar diariamente uníndose a Trasno? Iso non é moi aberto, precisamente.
Tampouco era a idea de representar a todos os tradutores xa que os tradutores independentes poden non querer ser representados, e destes algúns, e evidentemente non podemos intentar arrogarnos o dereito a representalos. Por outra banda como imos publicar os recursos e ferramentas de xeito libre, non terán problema en beneficiarse da actividade da asociación aínda que non sexan socios.
Evidentemente, se estamos a falar de software libre calquer persoa pode beneficiarse do traballo, sexa de Trasno, a CIF, Mancomún, os amigos da raza do can de palleiro ou o San Bieito do Lérez...
Unha aperta. -- +---------------------------------------+ | José Antonio Cidre Bardelás | Vigo | CiberIrmandade da Fala | http://www.ciberirmandade.org +---------------------------------------+ ........................................................................ : Fai tamén unha visita a: : http://www.arquitecturagalega.net : http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto) : http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego) : http://www.poptray.org (O PopTray en galego) :.......................................................................

