Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da
Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan
pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido
a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.
É de agradecer xa que non puiden asistir. Comento abaixo certas cousas que
chamaron a atención, non teño tempo para máis agora.
Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora
a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar,
ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os
próximos 10 anos.
O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión,
-que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven
nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode
atoparse eiquí:
http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3
Resumindo:
* Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren
disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado:
- Desenvolvemento:
- Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos)
- AraOS, Galinux (documentación e debs)
- l10n:
- GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un
destes proxectos ten infraestructura propia independente de
Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do
oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen
funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi
útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor
sentimental.
- Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais)
- DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso)
- Toda a documentación publicada
- A maiores:
- Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica
- Mirror da web, incluíndo wiki
* Distribución dos servizos:
- Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de
rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a:
- Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos
dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o
traballo diario e as xuntanzas periódicas.
- Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP
correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e
flexibel.
* Estratexia para o traslado:
- Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición
da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que
consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar
a conta e iniciar o respaldo.
- No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que
sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais
roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e
alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que
seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA
suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso
manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende
a web de información do mailman.
E por que imos manter a rolda g11n?
- Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis
que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a non
ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará
copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se
defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que
amose o mailman para a rolda.
- Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen
descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado.
- Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos
máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa
(de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo).
* Tarefas concretas para a migración:
- Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e Trasno.
* Servizos que podemos ofrecer
Eiquí houbo tormenta de ideas:
- Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por
exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki
sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/
GNOME)
- Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata.
Por que un foro?
- Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse
na galeguización de software.
- Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova
xente, vía web.
Xa se falou bastante sobre por que non traducir vía web.
En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non
agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser
resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: quedaría
aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo as
súas achegas.
* Tarefas e perfís
Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise.
* Outros
- Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse
en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso
interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada.
O que me faltaba por ver. Demostra que é fechada. Demostra que se lle negou
a xente de fóra a capacidade de participar, é máis demostra que ninguén de
fóra participou.
Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non pode
representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo estaría
excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma
independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais iso
non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que
Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó
para todos.
Non lembro exactamente que parte dos estatutos enviou onte Miguel, pero inclúen
a participación de entidades externas nos procesos de decisión
periódicos. Por outra
parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación, e
evidentemente se non se
unen todos non representará a todos, pero xa dixen que se pode unir quen queira.
Tampouco era a idea de representar a todos os tradutores xa que os tradutores
independentes poden non querer ser representados, e destes algúns, e
evidentemente non podemos intentar arrogarnos o dereito a representalos. Por
outra banda como imos publicar os recursos e ferramentas de xeito
libre, non terán
problema en beneficiarse da actividade da asociación aínda que non sexan socios.
- Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro
para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema
suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e
desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é
preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún,
senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e
institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela.
Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous
anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así,
o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o
mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os
próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o
mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima
transparencia.
Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o
desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura
de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será
unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza.
Quen participou na xuntanza de onte?
Ata logo,
Leandro Regueiro