Felipe Gil Castiñeira escrebeu: > Boas, > > Gustaríame dar a miña opinión moi brevemente. > > Agora mesmo é necesario salvagardar o traballo e a información que está > nos servidores de mancomún e garantir a continuidade a aqueles > proxectos/responsabilidades que dependen deles directamente. Polo que > entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado. >
A verdade é que sí, e por riba estamos tendo bastante sorte cos servidores.
Resumidamente, nestes momentos temos xa operativos:
- Redirección dos dominios secundarios .eu e .info ao principal (.net)
- Servidor Mailman (para as roldas de correo, con Apache2 SSL e Postfix)
- Servidor IRC criptografado (para as xuntanzas virtuais, vai unha fotiño
do MOTD (ascii artwork by Susana, fondo de WindowMaker + Konsole) :)
Agora estamos securizando servizos e documentando configuracións; nun rato
a partires das 20:00 xuntámonos no servidor IRC para avaliar os progresos e
priorizar tarefas; por suposto quen queira pasar está convidado/a.
Ademais están agora propagando polos DNS adiante os subdominios: wiki, foros,
e repositorio; será este último no que daremos de alta as contas scp/sftp para
a xente de CESGA e Trasno (ou quen a precisar) e almacenar ahí as copias de
seguranza e demais.
Personalmente, fai tempo que non desfrutaba tanto. Esto é unha gozada! :D
Saúde,
> Polo demais creo que podemos tomar as cousas con calma, é dicir, desde o
> meu punto de vista debemos seguir traballando coma ata agora e xa con
> máis tempo e consenso iniciar un debate sobre como nos debemos organizar
> a medio e longo prazo, se debemos crear unha estrutura centralizada ou
> se seguimos cunha estrutura distribuída (mellorando a coordinación e a
> xestión da información).
>
> Un saúdo.
> Felipe.
>
>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to [email protected].
--
http://susinho.pagina.de/
<<attachment: g11n_irc.png>>

