Leandro Regueiro escribiu na data 15/10/09 18:10:

E por que imos manter a rolda g11n?
E por que non? Non se demostrou abondo como unha ferramenta de
coordenación e contacto excelente?

Ter varias listas para os tradutores voluntarios é dividir á xente en
vez de concentrala.

Nos últimos tempos, grazas á rolda g11n houbo menos división do que era habitual (e, coa mesma, máis coesión). Por que non seguir por ise camiño?

Por que un foro?
E por que non? Cantas máis opciós se lle oferezcan á comunidade moito
millor, non é?

Opcións si, pero o problema da terminoloxía é que non está
centralizada, e os sistemas de discusións actuais teñen carencias. Un
foro non soluciona nada, xa que ten as mesmas carencias, ou máis
aínda. O lóxico sería montar un sistema como o que se propuxo no
G11nv2.

Pois aí xa hai unha proposta... é só falar entre tod@s e decidirmos o máis axeitado. Millor que preguntar é propoñer, non cres?

Para iso xa temos Launchapd, e dende aí podemos formar a aqueles
tradutores que desexen traducir máis en serio e non só unha cadea hoxe
e outra a semana que vén. Eu aprendín só practicamente, e podo
asegurar que ninguén me indicou como facelo, a non ser a través dos
documentos de "aprende a traducir" de Trasno, e non son unha mente
privilexiada.

Pois xa estamos dacordo, non si? En todo caso, discrepo na túa visión de non contar cos que traducen só unha cadea cada semana (non podemos esquecer en que ámbito estamos e non podemos renunciar a ningunha posibilidade por pequena que sexa). Pero para que haxa avance, para que haxa acordos ten que haber visiós diferentes.

Evidentemente (eu tampouco son xenio ningún) todo o mundo pode aprender, mais non é unha cuestión de capacidade senón de tempo.

Claro que non, quen queira traducir por libre e colaborar na expansión
e mellora dos recursos e ferramentas comúns que Trasno pon e porá a
disposición de todo o mundo sen involucrarse na asociación poderá
facelo. Se se quere participar na asociación evidentemente terá que
ser socio, ou é que vós lle deixades a outra asociación, como pode ser
Galicia Bilingüe, que inflúa no funcionamento da vosa asociación sen
ser socia da vosa asociación?

A ver, estasme poñendo un exemplo extremo, e eu vouche poeñr outro co mesmo concepto: - Maxina que Galicia Bilíngüe conseguise controlar a CIF... en ningún momento poderían estar tranquilos, pois hai moitas outras organizaciós que traballan a prol da normalización lingüística, e coas que colaboramos adoito. A loita a prol da língua non depende da CIF. - Maxina agora que Microsoft conseguise controlar Trasno... o resto é fácil de maxinar, non si? Todo dependería da existencia de outras organizaciós traballando a prol do mesmo.


E por outra banda en que te baseas para preguntar e afirmar o que afirmaches?

Home... ti dixeches:
- "[os estatutos] inclúen a participación de entidades externas nos procesos de decisión periódicos" ('periódicos' non ten un concepto de continuidade, senón de cousa puntual). - "Por outra parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación" (non sei, mais non parece o mesmo 'colaborar' en plan "free-lance" que 'adherirse').

Igual entendín mal, non sei.


Unha aperta.
--
+---------------------------------------+
| José Antonio Cidre Bardelás           
| Vigo                          
| CiberIrmandade da Fala                
| http://www.ciberirmandade.org         
+---------------------------------------+
........................................................................
: Fai tamén unha visita a:                                      
: http://www.arquitecturagalega.net                     
: http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto)
: http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego)     
: http://www.poptray.org (O PopTray en galego)  
:.......................................................................

Responderlle a