Home agora si que xa me animo a seguirlle a pista un pouco máis, e
claramente hai que recoñecer que o futuro da corrección automática
pasa por aí en gran parte... grazas aos dous.

2009/10/24 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>:
> 2009/10/24, marce <mvillar...@gmail.com>:
>> O Venres, 23 de Outubro de 2009 20:24:33 José Manuel Castroagudín Silva
>> escribiu:
>>> Se isto é o que penso, ten moi boa pinta.
>>>
>>> Pega un par de ligazóns, ho, faite bo. Unha a "onde empezar" (que é, ou o
>>> sitio do proxecto, ou algo) e outra a outro sitio que vexas interesante.
>>>  Con esas, xa me conformo.
>>
>> LanguageTool: http://www.languagetool.org/
>>
>
> Ben. A ver logo se o entendín: This is a rule-based language checker.
> Descargueino, e parece que funciona. Ten varias maneiras de funcionar:
> cunha GUI, en liña de ordes, proporcionándolle un ficheiro, e tamén a
> modo de "servidor web" que escoita as peticións nun porto determinado,
> polo visto. Acabo de atopar as regras para o galego (son só tres
> regras? terei que seguir buscando), que parece que no paquete que
> proporcionan eles non vai incluído.
> Ah, e tamén funciona como unha extensión de OpenOffice (de feito, é
> nese formato como se distribúe, para o resto hai que descomprimir o
> ficheiro .oxt e fedellar cos .jar )
>
>> Pology: http://websvn.kde.org/trunk/l10n-support/pology/ , o enderezo de
>> correo de cada programador está onde xa imaxinarás. Contestan nun prazo
>> variábel de un día a unha semana, dependendo de como teñan os filtros
>> antispam
>> (pon pology no asunto).
>
> E isto é un framework en python para traballar con ficheiros po.
> Parece que xa ven con certos scripts que serven para diferentes
> funcións. Polo que lin estes días na lista de trasno (xa que a
> documentación "oficial" está un pouco a medias), hai un que, facendo
> uso de LanguageTool, fai unha comprobación gramatical dos msgstrings
> dun po / dun directorio de pos (grammar-check, ou algo así recordo que
> se chamaba, non?).
>
>>
>>
>
> Pois... mola. Agora terei que reler as crípticas mensaxes que mandou
> Marce no seu momento (espero que agora me entere de algo, jeje). Así
> de memoria... había unha onde comentabas que fixeras algo co
> pology+apertium ? Ben, si, terei que reler todas de novo.
>
> Aproveito xa de paso para recordar a existencia do programa "msgexec"
> (man msgexec), que creo que vai dentro das gettext tools, e que
> permite, por exemplo, facer cousas como:
>
> msgexec -i gl.po hunspell -a
>
> Unha verificación ortográfica das msgstr dun po (e cambiando hunspell
> por java -jar LanguageTool.jar con algún parámetro que non recordo,
> permitiría facer unha revisión con LanguageTool - ou iso supoño, vou
> ver se o consigo, jejeje- )
>
>
> Resumindo: que xuntando pology+LanguageTool, temos como resultado a
> digievolución de msgexec+hunspell, ;-p .
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a