Vale, vale. Vouno instalar. Pero teño medo de que me escaralle algo por usar paquetes de ubuntu karmic en debian...
Fágote responsable... jeje 2009/10/24, Fran Dieguez <[email protected]>: > -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- > Hash: SHA1 > > José Manuel Castroagudín Silva escribiu: >> 2009/10/24, marce <[email protected]>: >>> O Sábado, 24 de Outubro de 2009 17:32:11 José Manuel Castroagudín Silva >>> escribiu: >>>> cunha GUI, en liña de ordes, proporcionándolle un ficheiro, e tamén a >>> A versión que le de stdin sería a que habería que probar co msgexec >>> >>>> polo visto. Acabo de atopar as regras para o galego (son só tres >>>> regras? terei que seguir buscando), que parece que no paquete que >>>> proporcionan eles non vai incluído. >>> ????? Non pode ser, eu collín as fontes ..... distribúen eles algún >>> paquete? >> >> http://www.languagetool.org/download/LanguageTool-0.9.9.oxt >> >> Ese é para OOo "3.0.1 or later". As descargas están na páxina >> principal (http://www.languagetool.org/). Teñen outra versión para OOo >> 3.0.0. >> >> Despois descarguei as fontes, e vin que xa se está integrando o galego >> (nese paquete non hai rastro del). Así que fixeches ben en ir ás >> fontes, vaia. >> >>> >>>> Ah, e tamén funciona como unha extensión de OpenOffice (de feito, >>> ... de feito é unha das alternativas que se barallan para servir de motor >>> de >>> serie para a corrección gramatical en Oo.org. >>> >>>> Pois... mola. Agora terei que reler as crípticas mensaxes que mandou >>>> Marce no seu momento (espero que agora me entere de algo, jeje). Así >>>> de memoria... había unha onde comentabas que fixeras algo co >>>> pology+apertium ? Ben, si, terei que reler todas de novo. >>> Pois si, pology consiste nunha serie de scripts, todos eles documentados >> >> Realmente é bastante máis. De serie leva incluídos uns scripts, pero >> sería fácil (de feito, case me da gana de facelo) facer un que >> comprobe un .po, o pase por huspell, colla os pares de msgid-msgstr >> que teñan fallos, os meta nun ficheiro temporal, o abra co editor que >> lle digamos, e ao acabar faga un merge co orixinal... Podería ser útil >> de carallo... >> >>> (abondo como para aprender a empregalos lendo a documentación), >>> -un deles permite facer tradución automática empregando apertium >>> (pomtrans) >>> -outro permite empregar subscripts: posieve >>> --un subscript permite empregar LanguageTools (check-grammar) >>> --outro permite corrixir a ortografía a través de enchant, e polo tanto >>> de >>> hunspell (check-spell-ec) >>> --outro permite comprobar que as etiquetas xml estexan correctas >>> (check- >>> docbook4 e check-xml-kde) >>> >>> -- e check-rules é como o anel ese que un tal Frodo Bolsón estivo >>> durante >>> tres anos tentando destruír: permite aplicar todo á vez >>> >>> --bad-patterns é como unha versión lixeira do anterior. >>> >>> >>>> Aproveito xa de paso para recordar a existencia do programa "msgexec" >>>> (man msgexec), que creo que vai dentro das gettext tools, e que >>>> permite, por exemplo, facer cousas como: >>>> >>>> msgexec -i gl.po hunspell -a >>> A saída non é similar, a de pology está moito máis traballada para ser de >>> utilidade para persoas. >>> http://mailinglist.lxde.org/pipermail/translation/2009-October/000389.html >> >> Si, a capacidade de abstracción deste framework (véxase o cacho de >> código que vou pegar despois), ven de pm para traballar. O feito de >> coller e facer un system( hunspell -a msg.msgstr) (ou equivalente en >> python, escribo de memoria e téñoo algo esquecido), e despois coller o >> msg completo e pasalo a outro lado, está de PM. >> >> cat = Catalog("hello.pot", create=True, truncate=True) >> msg = Message() >> msg.msgid = u"Hello, world!" >> cat.add(msg) >> cat.sync() >> >> >> Eu o msgexec úsoo para, usando greps, sacar unha lista de palabras >> erróneas. Despois, coa lista diante e o poedit aberto, vou revisando >> (Control+F, e tal). Pero estas ferramentas poden vir caralludamente... >> >> Que vos parecería abrir un fío para comezar unha "chuvia de ideas" >> sobre cousas que estaría ben facer (por exemplo, o script que dixen >> arriba)? Non me comprometo a nada, pero se cadra cando ande menos >> liado, podería intentar facer realidade algunha delas... >> > Volvo reiterar por se non o vistedes antes nesta rolda que a versión deb > do languagetool teñoa feita e está dispoñíbel aquí: > > https://edge.launchpad.net/~frandieguez/+archive/mabishu > > Saúdos > > - -- > Fran Diéguez > http://www.mabishu.com - [email protected] > GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 > > > -----BEGIN PGP SIGNATURE----- > Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) > Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org > > iEYEARECAAYFAkrjTkQACgkQmLtmJqKk+bj/gwCaA4LXVxJDktgwTPAimnhtJaPP > EYMAn0PCTKyn/2XkZgvNb8o6dALp7stw > =hN/C > -----END PGP SIGNATURE----- > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > -- Saúde, Chaves - http://chav.es

