2009/10/29, Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2009/10/29 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>:
>> Boas,
>>
>> o certo é que esperaba evitar ter que escribir a conto deste tema,
>> jeje. Vou ser breve, que pouca cousa teño que dicir:
>>
>> - En principio, dáme un pouco igual que CMS empregar. Pero si que vexo
>> que o wiki actual quédase un pouco escaso. Por outra parte, o wiki
>> valeríame perfectamente, pero igual daba moito traballo poñelo nun
>> formato "máis dinámico" (que a portada se mova máis, engadir noticias,
>> etc, etc.
>>
>> - Peeero (sempre hai un pero), se se quere probar o sistema este
>> Glósima, pode que sexa conveniente montar a web arredor del (soa algo
>> pretencioso, e non queria que soase así). Evitaría ter que dar de alta
>> usuarios en dous (ou máis) sitios, p.ex. Ademais, dou fe do que di
>> Antón: este choio ten plugins para facer unha chea de cousas. Mal será
>> que atopemos algo que non se poida facer, vaia.
>>
>> Poderíase facer unha "ffase de proba" con spip, a ver que tal parece.
>> Afacerse ao funcionamento do spip pode levar un tempo, pero tampouco é
>> para tanto. Igual Antón nos permite facer probas en certima.net ...?
>
> hemm, pois si non hai problema en facer unha maqueta pero non teño
> interese ningún en aloxar o web de Trasno. Simplemente mentres non se
> decide o aloxamento dos servizos.
>

Eu nin me refería a iso. Simplemente, que aos que queiran probar spip
lles fagas unha conta alí e poidan probar a publicar unha nova en
portada, e cousas así. E se alguén ten algunha idea de cousas que
deberá ter a web de trasno, probar a instalar algún plugin... vaia, o
que se chama "facer probas".



> Quero lembrar que, en conexión con isto, está a o tema do GTT de
> Ubuntu e o LoCo (despois de falalo na lista de tradutores do GTT,
> aposto por cousas distintas e que deben ter webs distintos).
> Concretando:
>
> Trasno+Glosima+(Proxectos: GTT, KDE, ...) -> probar con SPIP
> LoCo -> Drupal+wiki
>
> Alguén terá que ir tomando ordenando as decisións, ou como se fai?
>
>>
>> Despois: se se quixer desenvolver algo en spip, a cousa é algo
>> complicada, máis que nada porque estes franchutes son _moi_
>> franchutes, e a documentación está en gabacho :( . Pero penso que,
>> sendo realistas, non debería haber necesidade de chegar a desenvolver
>> nada (realmente non o sei. Pero pódense ir facendo probas se tal...
>> Despois, se vemos que queda curto, pois falamos outra vez...).
>>
>> Neste caso Antón é o "grande experto". Se tendes dúbidas, ou pensades
>> que imos necesitar algo, ou hai algunha característica que pensedes
>> que a web deba ter, comentádello a el, que el saberá como se pode
>> facer, ou se non se pode facer, ou o que sexa. Se spip ten todo o que
>> vaiamos necesitar, eu votaría por darlle unha proba.
>>
>>
>> 2009/10/29, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>>>> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña
>>>>>>> experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en
>>>>>>> Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación
>>>>>>> e
>>>>>>> o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo.
>>>>>>>
>>>>>>> Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un
>>>>>>> sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
>>>>>>
>>>>>> Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un
>>>>>> ataque por meterlle tanta présa.
>>>>>>
>>>>>>> terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o
>>>>>>> primeiro usario sería Trasno.
>>>>>>
>>>>>> A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e
>>>>>> non só a comunidade de localización de SL ao galego.
>>>>>
>>>>> Unha cousa non quita a outra Leandro
>>>
>>> Son consciente.
>>>
>>>>>>> A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo
>>>>>>> independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de
>>>>>>> administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha
>>>>>>> oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse
>>>>>>> co sistema en 20 minutos.
>>>>>>
>>>>>> Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código!
>>>>>> Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a
>>>>>> cousa estea rematada...
>>>>>
>>>>> E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un
>>>>> wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con
>>>>> calquera dos CMS que estamos a falar.
>>>
>>> :) Durante os próximos anos igual teño tempo...
>>>
>>>>>>> Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos
>>>>>>> Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado
>>>>>>> Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado
>>>>>>> Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións
>>>>>>> personalizadas
>>>>>>> Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno
>>>>>>> integrado
>>>>>>> Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas
>>>>>>> ou o que se nos ocorra > sen problema
>>>>>>>
>>>>>>> Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un
>>>>>>> grupo
>>>>>>> galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e
>>>>>>> asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen
>>>>>>> os
>>>>>>> sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de
>>>>>>> Educación por el). Creo que é un argumento para considerar.
>>>>>>>
>>>>>>> Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario.
>>>>>>> Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case
>>>>>>> 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o
>>>>>>> fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel,
>>>>>>> pensado
>>>>>>> para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo
>>>>>>> que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e
>>>>>>> para
>>>>>>> os demais sería moi práctico.
>>>>>>>
>>>>>>> Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro,
>>>>>>> moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social
>>>>>>> e
>>>>>>> de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo
>>>>>>> e
>>>>>>> asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo
>>>>>>> francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis
>>>>>>> coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A
>>>>>>> información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que
>>>>>>> spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio
>>>>>>> con spip aquí
>>>>>>>
>>>>>>> http://www.spip-herbier.net/
>>>>>>>
>>>>>>> Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a
>>>>>>> instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode
>>>>>>> facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos
>>>>>>> coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática.
>>>>>>>
>>>>>>> http://plugins.spip.net/
>>>>>>>
>>>>>>> En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un
>>>>>>> plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai
>>>>>>> pouco
>>>>>>> avogacia.org:
>>>>>>>
>>>>>>> http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures
>>>>>>>
>>>>>>> A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta,
>>>>>>> incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa
>>>>>>> tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella
>>>>>>> escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a
>>>>>>> comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa
>>>>>>> riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén
>>>>>>> o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique,
>>>>>>> moitas iniciativas municipais, ...
>>>>>>>
>>>>>>> http://www.spip-contrib.net/
>>>>>>>
>>>>>>> Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios
>>>>>>> sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É
>>>>>>> superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip
>>>>>>> que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en
>>>>>>> todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio
>>>>>>> dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita
>>>>>>> tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada
>>>>>>> ano
>>>>>>> e medio aproximadamente e listo).
>>>>>>>
>>>>>>> Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que
>>>>>>> se queira facer más hai que romper a cachola.
>>>>>>>
>>>>>>> P.S.
>>>>>>> Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción
>>>>>>> sería Drupal
>>>>>>
>>>>>> Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal,
>>>>>> Joomla e Spip, algún outro?
>>>>>
>>>>> Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis que
>>>>> a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio
>>>>> anglosaxón.
>>>
>>> Non o dicia como insulto. Que ninguén mo tome a mal, por favor.
>>>
>>>>>> Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non
>>>>>> sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un
>>>>>> voto sen razoamento ningún detrás.
>>>>>
>>>>> Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor
>>>>> sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS.
>>>>> Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén.
>>>>
>>>> Tamén cho pido porque como Castroagudín o outro desenvolvedor, está
>>>> enfermo non sei se estará para intervir. Nin sei o que opinará, claro,
>>>> porque el ten pelexado coas tripas do cms.
>>>>
>>>> A min, váleme ao final calquera, repito. Só que podería dar máis apoio
>>>> en spip. Iso si.
>>>
>>> Igual que outra xente poderá dar máis apoio nos outros CMS. Eu a
>>> verdade é que non sei case nada do tema. Seguramente usei todos eses
>>> como usuario, o Drupal polo menos, e básicamente podo dicirvos que non
>>> diferencio uns dos outros, así que insisto en que a miña opinión non
>>> tería base ningunha.
>>>
>>> Ata logo,
>>>                   Leandro Regueiro
>>>
>>>
>>> --
>>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>>
>>
>>
>> --
>> Saúde,
>>
>> Chaves - http://chav.es
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a