2009/10/29 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>:
> Boas,
>
> o certo é que esperaba evitar ter que escribir a conto deste tema,
> jeje. Vou ser breve, que pouca cousa teño que dicir:
>
> - En principio, dáme un pouco igual que CMS empregar. Pero si que vexo
> que o wiki actual quédase un pouco escaso. Por outra parte, o wiki
> valeríame perfectamente, pero igual daba moito traballo poñelo nun
> formato "máis dinámico" (que a portada se mova máis, engadir noticias,
> etc, etc.
>
> - Peeero (sempre hai un pero), se se quere probar o sistema este
> Glósima, pode que sexa conveniente montar a web arredor del (soa algo
> pretencioso, e non queria que soase así). Evitaría ter que dar de alta
> usuarios en dous (ou máis) sitios, p.ex. Ademais, dou fe do que di
> Antón: este choio ten plugins para facer unha chea de cousas. Mal será
> que atopemos algo que non se poida facer, vaia.
>
> Poderíase facer unha "ffase de proba" con spip, a ver que tal parece.
> Afacerse ao funcionamento do spip pode levar un tempo, pero tampouco é
> para tanto. Igual Antón nos permite facer probas en certima.net ...?

hemm, pois si non hai problema en facer unha maqueta pero non teño
interese ningún en aloxar o web de Trasno. Simplemente mentres non se
decide o aloxamento dos servizos.

Quero lembrar que, en conexión con isto, está a o tema do GTT de
Ubuntu e o LoCo (despois de falalo na lista de tradutores do GTT,
aposto por cousas distintas e que deben ter webs distintos).
Concretando:

Trasno+Glosima+(Proxectos: GTT, KDE, ...) -> probar con SPIP
LoCo -> Drupal+wiki

Alguén terá que ir tomando ordenando as decisións, ou como se fai?

>
> Despois: se se quixer desenvolver algo en spip, a cousa é algo
> complicada, máis que nada porque estes franchutes son _moi_
> franchutes, e a documentación está en gabacho :( . Pero penso que,
> sendo realistas, non debería haber necesidade de chegar a desenvolver
> nada (realmente non o sei. Pero pódense ir facendo probas se tal...
> Despois, se vemos que queda curto, pois falamos outra vez...).
>
> Neste caso Antón é o "grande experto". Se tendes dúbidas, ou pensades
> que imos necesitar algo, ou hai algunha característica que pensedes
> que a web deba ter, comentádello a el, que el saberá como se pode
> facer, ou se non se pode facer, ou o que sexa. Se spip ten todo o que
> vaiamos necesitar, eu votaría por darlle unha proba.
>
>
> 2009/10/29, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>>> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña
>>>>>> experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en
>>>>>> Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e
>>>>>> o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo.
>>>>>>
>>>>>> Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un
>>>>>> sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
>>>>>
>>>>> Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un
>>>>> ataque por meterlle tanta présa.
>>>>>
>>>>>> terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o
>>>>>> primeiro usario sería Trasno.
>>>>>
>>>>> A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e
>>>>> non só a comunidade de localización de SL ao galego.
>>>>
>>>> Unha cousa non quita a outra Leandro
>>
>> Son consciente.
>>
>>>>>> A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo
>>>>>> independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de
>>>>>> administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha
>>>>>> oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse
>>>>>> co sistema en 20 minutos.
>>>>>
>>>>> Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código!
>>>>> Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a
>>>>> cousa estea rematada...
>>>>
>>>> E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un
>>>> wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con
>>>> calquera dos CMS que estamos a falar.
>>
>> :) Durante os próximos anos igual teño tempo...
>>
>>>>>> Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos
>>>>>> Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado
>>>>>> Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado
>>>>>> Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións
>>>>>> personalizadas
>>>>>> Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno
>>>>>> integrado
>>>>>> Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas
>>>>>> ou o que se nos ocorra > sen problema
>>>>>>
>>>>>> Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo
>>>>>> galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e
>>>>>> asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os
>>>>>> sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de
>>>>>> Educación por el). Creo que é un argumento para considerar.
>>>>>>
>>>>>> Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario.
>>>>>> Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case
>>>>>> 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o
>>>>>> fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado
>>>>>> para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo
>>>>>> que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para
>>>>>> os demais sería moi práctico.
>>>>>>
>>>>>> Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro,
>>>>>> moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e
>>>>>> de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e
>>>>>> asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo
>>>>>> francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis
>>>>>> coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A
>>>>>> información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que
>>>>>> spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio
>>>>>> con spip aquí
>>>>>>
>>>>>> http://www.spip-herbier.net/
>>>>>>
>>>>>> Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a
>>>>>> instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode
>>>>>> facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos
>>>>>> coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática.
>>>>>>
>>>>>> http://plugins.spip.net/
>>>>>>
>>>>>> En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un
>>>>>> plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco
>>>>>> avogacia.org:
>>>>>>
>>>>>> http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures
>>>>>>
>>>>>> A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta,
>>>>>> incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa
>>>>>> tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella
>>>>>> escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a
>>>>>> comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa
>>>>>> riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén
>>>>>> o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique,
>>>>>> moitas iniciativas municipais, ...
>>>>>>
>>>>>> http://www.spip-contrib.net/
>>>>>>
>>>>>> Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios
>>>>>> sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É
>>>>>> superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip
>>>>>> que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en
>>>>>> todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio
>>>>>> dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita
>>>>>> tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano
>>>>>> e medio aproximadamente e listo).
>>>>>>
>>>>>> Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que
>>>>>> se queira facer más hai que romper a cachola.
>>>>>>
>>>>>> P.S.
>>>>>> Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción
>>>>>> sería Drupal
>>>>>
>>>>> Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal,
>>>>> Joomla e Spip, algún outro?
>>>>
>>>> Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis que
>>>> a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio
>>>> anglosaxón.
>>
>> Non o dicia como insulto. Que ninguén mo tome a mal, por favor.
>>
>>>>> Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non
>>>>> sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un
>>>>> voto sen razoamento ningún detrás.
>>>>
>>>> Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor
>>>> sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS.
>>>> Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén.
>>>
>>> Tamén cho pido porque como Castroagudín o outro desenvolvedor, está
>>> enfermo non sei se estará para intervir. Nin sei o que opinará, claro,
>>> porque el ten pelexado coas tripas do cms.
>>>
>>> A min, váleme ao final calquera, repito. Só que podería dar máis apoio
>>> en spip. Iso si.
>>
>> Igual que outra xente poderá dar máis apoio nos outros CMS. Eu a
>> verdade é que non sei case nada do tema. Seguramente usei todos eses
>> como usuario, o Drupal polo menos, e básicamente podo dicirvos que non
>> diferencio uns dos outros, así que insisto en que a miña opinión non
>> tería base ningunha.
>>
>> Ata logo,
>>                   Leandro Regueiro
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a