> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña > experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en > Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e > o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo. > > Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un > sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un ataque por meterlle tanta présa. > terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o > primeiro usario sería Trasno. A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e non só a comunidade de localización de SL ao galego. > A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo > independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de > administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha > oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse > co sistema en 20 minutos. Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código! Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a cousa estea rematada... > Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos > Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado > Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado > Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións personalizadas > Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno integrado > Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas > ou o que se nos ocorra > sen problema > > Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo > galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e > asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os > sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de > Educación por el). Creo que é un argumento para considerar. > > Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario. > Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case > 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o > fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado > para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo > que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para > os demais sería moi práctico. > > Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro, > moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e > de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e > asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo > francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis > coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A > información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que > spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio > con spip aquí > > http://www.spip-herbier.net/ > > Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a > instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode > facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos > coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática. > > http://plugins.spip.net/ > > En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un > plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco > avogacia.org: > > http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures > > A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta, > incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa > tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella > escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a > comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa > riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén > o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique, > moitas iniciativas municipais, ... > > http://www.spip-contrib.net/ > > Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios > sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É > superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip > que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en > todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio > dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita > tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano > e medio aproximadamente e listo). > > Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que > se queira facer más hai que romper a cachola. > > P.S. > Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción > sería Drupal Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal, Joomla e Spip, algún outro? Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un voto sen razoamento ningún detrás. Noutra mensaxe respondo á mensaxe do presidente Branco. Ata logo, Leandro Regueiro

