Boas,

o certo é que esperaba evitar ter que escribir a conto deste tema,
jeje. Vou ser breve, que pouca cousa teño que dicir:

- En principio, dáme un pouco igual que CMS empregar. Pero si que vexo
que o wiki actual quédase un pouco escaso. Por outra parte, o wiki
valeríame perfectamente, pero igual daba moito traballo poñelo nun
formato "máis dinámico" (que a portada se mova máis, engadir noticias,
etc, etc.

- Peeero (sempre hai un pero), se se quere probar o sistema este
Glósima, pode que sexa conveniente montar a web arredor del (soa algo
pretencioso, e non queria que soase así). Evitaría ter que dar de alta
usuarios en dous (ou máis) sitios, p.ex. Ademais, dou fe do que di
Antón: este choio ten plugins para facer unha chea de cousas. Mal será
que atopemos algo que non se poida facer, vaia.

Poderíase facer unha "ffase de proba" con spip, a ver que tal parece.
Afacerse ao funcionamento do spip pode levar un tempo, pero tampouco é
para tanto. Igual Antón nos permite facer probas en certima.net ...?

Despois: se se quixer desenvolver algo en spip, a cousa é algo
complicada, máis que nada porque estes franchutes son _moi_
franchutes, e a documentación está en gabacho :( . Pero penso que,
sendo realistas, non debería haber necesidade de chegar a desenvolver
nada (realmente non o sei. Pero pódense ir facendo probas se tal...
Despois, se vemos que queda curto, pois falamos outra vez...).

Neste caso Antón é o "grande experto". Se tendes dúbidas, ou pensades
que imos necesitar algo, ou hai algunha característica que pensedes
que a web deba ter, comentádello a el, que el saberá como se pode
facer, ou se non se pode facer, ou o que sexa. Se spip ten todo o que
vaiamos necesitar, eu votaría por darlle unha proba.


2009/10/29, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña
>>>>> experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en
>>>>> Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e
>>>>> o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo.
>>>>>
>>>>> Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un
>>>>> sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
>>>>
>>>> Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un
>>>> ataque por meterlle tanta présa.
>>>>
>>>>> terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o
>>>>> primeiro usario sería Trasno.
>>>>
>>>> A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e
>>>> non só a comunidade de localización de SL ao galego.
>>>
>>> Unha cousa non quita a outra Leandro
>
> Son consciente.
>
>>>>> A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo
>>>>> independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de
>>>>> administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha
>>>>> oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse
>>>>> co sistema en 20 minutos.
>>>>
>>>> Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código!
>>>> Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a
>>>> cousa estea rematada...
>>>
>>> E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un
>>> wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con
>>> calquera dos CMS que estamos a falar.
>
> :) Durante os próximos anos igual teño tempo...
>
>>>>> Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos
>>>>> Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado
>>>>> Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado
>>>>> Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións
>>>>> personalizadas
>>>>> Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno
>>>>> integrado
>>>>> Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas
>>>>> ou o que se nos ocorra > sen problema
>>>>>
>>>>> Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo
>>>>> galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e
>>>>> asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os
>>>>> sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de
>>>>> Educación por el). Creo que é un argumento para considerar.
>>>>>
>>>>> Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario.
>>>>> Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case
>>>>> 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o
>>>>> fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado
>>>>> para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo
>>>>> que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para
>>>>> os demais sería moi práctico.
>>>>>
>>>>> Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro,
>>>>> moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e
>>>>> de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e
>>>>> asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo
>>>>> francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis
>>>>> coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A
>>>>> información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que
>>>>> spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio
>>>>> con spip aquí
>>>>>
>>>>> http://www.spip-herbier.net/
>>>>>
>>>>> Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a
>>>>> instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode
>>>>> facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos
>>>>> coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática.
>>>>>
>>>>> http://plugins.spip.net/
>>>>>
>>>>> En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un
>>>>> plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco
>>>>> avogacia.org:
>>>>>
>>>>> http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures
>>>>>
>>>>> A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta,
>>>>> incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa
>>>>> tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella
>>>>> escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a
>>>>> comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa
>>>>> riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén
>>>>> o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique,
>>>>> moitas iniciativas municipais, ...
>>>>>
>>>>> http://www.spip-contrib.net/
>>>>>
>>>>> Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios
>>>>> sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É
>>>>> superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip
>>>>> que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en
>>>>> todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio
>>>>> dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita
>>>>> tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano
>>>>> e medio aproximadamente e listo).
>>>>>
>>>>> Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que
>>>>> se queira facer más hai que romper a cachola.
>>>>>
>>>>> P.S.
>>>>> Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción
>>>>> sería Drupal
>>>>
>>>> Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal,
>>>> Joomla e Spip, algún outro?
>>>
>>> Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis que
>>> a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio
>>> anglosaxón.
>
> Non o dicia como insulto. Que ninguén mo tome a mal, por favor.
>
>>>> Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non
>>>> sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un
>>>> voto sen razoamento ningún detrás.
>>>
>>> Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor
>>> sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS.
>>> Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén.
>>
>> Tamén cho pido porque como Castroagudín o outro desenvolvedor, está
>> enfermo non sei se estará para intervir. Nin sei o que opinará, claro,
>> porque el ten pelexado coas tripas do cms.
>>
>> A min, váleme ao final calquera, repito. Só que podería dar máis apoio
>> en spip. Iso si.
>
> Igual que outra xente poderá dar máis apoio nos outros CMS. Eu a
> verdade é que non sei case nada do tema. Seguramente usei todos eses
> como usuario, o Drupal polo menos, e básicamente podo dicirvos que non
> diferencio uns dos outros, así que insisto en que a miña opinión non
> tería base ningunha.
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a