2009/10/29 Antón Méixome <[email protected]>: > 2009/10/29 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña >>> experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en >>> Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e >>> o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo. >>> >>> Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un >>> sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre >> >> Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un >> ataque por meterlle tanta présa. >> >>> terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o >>> primeiro usario sería Trasno. >> >> A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e >> non só a comunidade de localización de SL ao galego. > > Unha cousa non quita a outra Leandro >> >>> A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo >>> independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de >>> administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha >>> oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse >>> co sistema en 20 minutos. >> >> Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código! >> Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a >> cousa estea rematada... > > E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un > wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con > calquera dos CMS que estamos a falar. > >> >>> Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos >>> Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado >>> Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado >>> Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións >>> personalizadas >>> Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno integrado >>> Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas >>> ou o que se nos ocorra > sen problema >>> >>> Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo >>> galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e >>> asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os >>> sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de >>> Educación por el). Creo que é un argumento para considerar. >>> >>> Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario. >>> Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case >>> 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o >>> fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado >>> para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo >>> que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para >>> os demais sería moi práctico. >>> >>> Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro, >>> moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e >>> de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e >>> asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo >>> francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis >>> coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A >>> información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que >>> spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio >>> con spip aquí >>> >>> http://www.spip-herbier.net/ >>> >>> Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a >>> instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode >>> facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos >>> coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática. >>> >>> http://plugins.spip.net/ >>> >>> En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un >>> plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco >>> avogacia.org: >>> >>> http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures >>> >>> A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta, >>> incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa >>> tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella >>> escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a >>> comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa >>> riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén >>> o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique, >>> moitas iniciativas municipais, ... >>> >>> http://www.spip-contrib.net/ >>> >>> Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios >>> sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É >>> superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip >>> que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en >>> todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio >>> dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita >>> tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano >>> e medio aproximadamente e listo). >>> >>> Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que >>> se queira facer más hai que romper a cachola. >>> >>> P.S. >>> Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción >>> sería Drupal >> >> Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal, >> Joomla e Spip, algún outro? > > Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis que > a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio > anglosaxón. > >> >> Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non >> sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un >> voto sen razoamento ningún detrás. > > Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor > sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS. > Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén.
Tamén cho pido porque como Castroagudín o outro desenvolvedor, está enfermo non sei se estará para intervir. Nin sei o que opinará, claro, porque el ten pelexado coas tripas do cms. A min, váleme ao final calquera, repito. Só que podería dar máis apoio en spip. Iso si. >> Noutra mensaxe respondo á mensaxe do presidente Branco. >> >> Ata logo, >> Leandro Regueiro >> >

