Benvida! On Oct 3, 2011 4:10 PM, "Lucía Paz" <lutxinha2...@yahoo.es> wrote: > Pois moitas grazas polas respostas. > > A verdade é que non teño unha preferencia de por onde comezar, así que o > proxecto Mozilla paréceme estupendo. Se da para elixir, prefiro > traballar en local que non vía web. O OmegaT xa o teño instalado, non o > uso moito porque teño outras ferramentas, pero teño unha idea de como > funciona. > Habería algunha memoria para descargar? > > Grazas de novo e saúdos > > Lucía > > > En 03/10/2011 14:17, Enrique Estévez Fernández escribiu: >> Ola Lucía. >> >> Eu son Enrique Estévez, pero todos me coñecen por aquí por Keko, e son >> o coordiandor do equipo de localización dos produtos de Mozilla ao >> galego. >> >> Eu aínda ando averiguando como funciona Mozilla e vendo como de >> organizar o proxecto. Pero se che interesa traducir algunha páxina web >> de Mozilla, sería moi sinxelo. Simplemente terías que empregar un >> aplicativo chamado OmegaT e xa me encargaría eu de pasarche o proxecto >> a traducir e un manual de como usar OmegaT (inclúe descarga e >> instalación, e funciona en Windows, Linux e Mac). >> >> Outra opción sería botar unha man para traducir páxinas ou proxectos >> promocionais de Mozilla. A tradución sería vía web e ti farías >> suxestións para as cadeas en inglés e despois, o coordinador >> encargaríase de aprobalas. >> >> Con respecto a interface, a cousa xa é máis complexa e por agora, >> estou buscando como facelo. >> >> Sé benvida e moitas grazas polo interese en colaborar coa comunidade. >> >> Saúdos. >> >> >> 2011/10/3 mvillarino<mvillar...@gmail.com>: >>>> Boas a todos! >>> Olá >>> >>>> Agora a situación é un pouco a mesma. Eu son tradutora e non informática, >>>> e preguntábame se talvez había algunha forma máis sinxela para eu poder >>>> colaborar. >>> Recoméndoche seguir o seguinte guiaburros: >>> >>> 1) escolle un "algo" no que colaborar, isto determinará: a)o formato de >>> ficheiro a manexar, b) caseque seguro a ferramenta de cat a usar e c) como e >>> de onde obter e remitir os ficheiros de l10n. >>> 2) ponte en contacto coa xente que estexa a fozar neses proxectos, >>> axudaránche dicíndoche o referente a c) e resolveranche as dúbidas con b) e >>> a). >>> 3) en trasno poderás obter directamente ou polo menos referencias a memorias >>> de tradución e terminoloxía. Normalmente, a memoria de tradución obtense en >>> software libre mediante as traducións anteriores do sofware ao que te vaias >>> adicar !!!. >>> 4) agora ven a parte de traducir, localizar ou como lle queiras chamar, e na >>> que pouco que non saibas podería dicirche. >>> finalmente, 5) entrega o traballo feito aos desenvolventes do software. >>> >>> >>> >>> -- >>> Usando el novísimo cliente de correo de Opera: http://www.opera.com/mail/ >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> Proxecto@trasno.net >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> Proxecto@trasno.net >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto