Boas a todos!
Olá

Agora a situación é un pouco a mesma. Eu son tradutora e non informática, e preguntábame se talvez había algunha forma máis sinxela para eu poder colaborar.
Recoméndoche seguir o seguinte guiaburros:

1) escolle un "algo" no que colaborar, isto determinará: a)o formato de ficheiro a manexar, b) caseque seguro a ferramenta de cat a usar e c) como e de onde obter e remitir os ficheiros de l10n. 2) ponte en contacto coa xente que estexa a fozar neses proxectos, axudaránche dicíndoche o referente a c) e resolveranche as dúbidas con b) e a). 3) en trasno poderás obter directamente ou polo menos referencias a memorias de tradución e terminoloxía. Normalmente, a memoria de tradución obtense en software libre mediante as traducións anteriores do sofware ao que te vaias adicar !!!. 4) agora ven a parte de traducir, localizar ou como lle queiras chamar, e na que pouco que non saibas podería dicirche.
finalmente, 5) entrega o traballo feito aos desenvolventes do software.



--
Usando el novísimo cliente de correo de Opera: http://www.opera.com/mail/
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a