Pois moitas grazas polas respostas.
A verdade é que non teño unha preferencia de por onde comezar, así que o
proxecto Mozilla paréceme estupendo. Se da para elixir, prefiro
traballar en local que non vía web. O OmegaT xa o teño instalado, non o
uso moito porque teño outras ferramentas, pero teño unha idea de como
funciona.
Habería algunha memoria para descargar?
Grazas de novo e saúdos
Lucía
En 03/10/2011 14:17, Enrique Estévez Fernández escribiu:
Ola Lucía.
Eu son Enrique Estévez, pero todos me coñecen por aquí por Keko, e son
o coordiandor do equipo de localización dos produtos de Mozilla ao
galego.
Eu aínda ando averiguando como funciona Mozilla e vendo como de
organizar o proxecto. Pero se che interesa traducir algunha páxina web
de Mozilla, sería moi sinxelo. Simplemente terías que empregar un
aplicativo chamado OmegaT e xa me encargaría eu de pasarche o proxecto
a traducir e un manual de como usar OmegaT (inclúe descarga e
instalación, e funciona en Windows, Linux e Mac).
Outra opción sería botar unha man para traducir páxinas ou proxectos
promocionais de Mozilla. A tradución sería vía web e ti farías
suxestións para as cadeas en inglés e despois, o coordinador
encargaríase de aprobalas.
Con respecto a interface, a cousa xa é máis complexa e por agora,
estou buscando como facelo.
Sé benvida e moitas grazas polo interese en colaborar coa comunidade.
Saúdos.
2011/10/3 mvillarino<[email protected]>:
Boas a todos!
Olá
Agora a situación é un pouco a mesma. Eu son tradutora e non informática,
e preguntábame se talvez había algunha forma máis sinxela para eu poder
colaborar.
Recoméndoche seguir o seguinte guiaburros:
1) escolle un "algo" no que colaborar, isto determinará: a)o formato de
ficheiro a manexar, b) caseque seguro a ferramenta de cat a usar e c) como e
de onde obter e remitir os ficheiros de l10n.
2) ponte en contacto coa xente que estexa a fozar neses proxectos,
axudaránche dicíndoche o referente a c) e resolveranche as dúbidas con b) e
a).
3) en trasno poderás obter directamente ou polo menos referencias a memorias
de tradución e terminoloxía. Normalmente, a memoria de tradución obtense en
software libre mediante as traducións anteriores do sofware ao que te vaias
adicar !!!.
4) agora ven a parte de traducir, localizar ou como lle queiras chamar, e na
que pouco que non saibas podería dicirche.
finalmente, 5) entrega o traballo feito aos desenvolventes do software.
--
Usando el novísimo cliente de correo de Opera: http://www.opera.com/mail/
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto