Iván Penido escribiu:
Baseándome nas conversas que mantiven con algúns membros de Trasno, os
correos que fun lendo e en algunha idea personal, quería deixarvos a
miña opinión. A parte técnica deixareina de lado, xa que non a vexo
especialmente importante polo momento.
1.- Correo Electrónico
Manter un servidor de correo, conleva moito tempo e traballo (spam, listas
negras, etc...) eu son dos partidarios do uso de Google Apps Gratuito (ten como
límite 50 buzóns de correo) e moi cómodo, a interfaz é coñecida (moitos usdes
contas de google) e tes un gran equipo de xente, a que lle pagan para que o
sistema funcione ben.
2.- Roldas de correo.
Eu sería partidario do uso de Mailman
(http://www.gnu.org/software/mailman/index.html) proxecto GNU, moi estendido,
estable e moi funcional.
3.- Web
3.1- Web (cms)
A día de hoxe, a web que tedes e unha wiki montada con dokuwiki. Tal vez
pode que sexa útil dispoñer dun cms e unha wiki por separado.
A hora de usar un cms, a opción de joombla, non me parece a mellor, ten
a ventaxa de ser moi sinxelo, e de que en escasos 10 min tes una web
funcional, pero paréceme moi inseguro, e botando un ollo a milw0rm,
Joombla é un dos cms mais recurrentes a hora de intentar atacar.
Non mesturemos, que un que fai unha extensión non segura con que joomla
non é seguro.
Drupal
e moito mais complexo inicialmente, pero paréceme moito más robusto e
fiable, eu decantaríame por este último.
Non sei en que te baseas para dicir isto, que é o que se pode facer con
drupal que non se poida con joomla?.
Ollo que non digo que non o sexa, o que non sei é tal motivo.
Outras opcións poderían ser MovableType (http://www.movabletype.org/) ou
o que barallades alguns de vos, SPIP, eu SPIP non o coñecía, se me dades
un par de dias, botolle un ollo.
De todos modos sigo a dicir que a elección tena que dar os
requerimentos. A día de hoxe nin joomla nin drupal, que eu saiba, teñen
glosima, polo que se un dos requerimentos é glosima e non hai quen
adapte o do spip a outro cms a cousa está bastante clara.
3.2- Web (wiki)
Dokuwiki e un bo xestor, pero pode que se quede algo curto para Trasno.
Pensaría en MediaWiki ou MoinMoin (http://moinmo.in) a ventaxa de
moinmoin e o soporte para ACLs (lista de control de acceso) opción que
MediaWiki non ten, a desventaxa, e un chisco complicada a sua instalación.
Ou tiraría por moinmoin, non teño criterio máis que porque está feita en
python.
3.3- Web (blogs)
Algunhas das opcións que coñezo son Apache roller (http://roller.apache.org/) usado por R para a sua plataforma de blogs. MovableType, usado por microsiervos e Wordpress MU, usado por blogaliza.
Eu sería partidario de wordpress MU + un planet. O separo do cms, xa
que os blogs da comunidade parécenme unha cousa e as noticias do
proxecto, outra ben distinta que non deben de estar mesturadas.
Eu non faría esta parte, con web e wiki penso que é mais que de abondo,
como moito un planet ou que a web recolla sementes dos blogueiros. Penso
que é así como o teñen os da CIF e o mantemento é moito máis sinxelo.
3.4- Web (outors..)
Descoñezo se faría falla algunha outra utilidade... ¿Comentarios?
4.- FTP
Elexir un servidor ou outro e o de menos agora mesmo, o principal e ter claro o
suo que se lle quere dar. Antón Méixome comentabame o seguinte:
Idem, ito é moi simple.
/"[...] O uso principal sería aloxar contidos de todo tipo de
modo estruturado: po, tmx, aplicativos, manuais, imaxe
gráfica, documentación da asociación, aloxamento de proxectos persoais
ou copias de seguranza que se nos confíen, doutros sitios, por
exemploguls ou proxectos persoais [...]"/
/
/
Para non facelo moi largo e tedioso, redactarei outro correo no que me
centrarei nas outras utilidades e ferrmentas necesarias (corpus,
glosario, forxa, etc...