> Penso que non é necesario ver a elección dun cms como algo tan crítico
> que non teña volta atrás. Todos sabemos que os contidos son sempre
> traspasables e o que poida ter o web de Trasno tampouco vai ser
> enciclopédico nin especialmente complexo. Realmente non me parece moi
> útil valorar a capacidade de desenvolvemento sobre o cms como un
> criterio importante para Trasno. Vexo máis útil a orixinalidade
> visual, a organización e a facilidade de administración e publicación.

Paréceme que isto se está a enquistar. Nomeamos un BDFL / BOFH
(benebolent dictator for life / bastard operator from hell) que se
encargue de facer a instalación e configuración inicial? despois, se
hai mellorías que aplicar, aplícanse e andando...
Penso que inicialmente deberían ser ou Bouzada, ou Fran ou alguén con
presenza no gpul.

Responderlle a