>> Penso que non é necesario ver a elección dun cms como algo tan crítico
>> que non teña volta atrás. Todos sabemos que os contidos son sempre
>> traspasables e o que poida ter o web de Trasno tampouco vai ser
>> enciclopédico nin especialmente complexo. Realmente non me parece moi
>> útil valorar a capacidade de desenvolvemento sobre o cms como un
>> criterio importante para Trasno. Vexo máis útil a orixinalidade
>> visual, a organización e a facilidade de administración e publicación.
>
> Paréceme que isto se está a enquistar. Nomeamos un BDFL / BOFH
> (benebolent dictator for life / bastard operator from hell) que se
> encargue de facer a instalación e configuración inicial? despois, se
> hai mellorías que aplicar, aplícanse e andando...
> Penso que inicialmente deberían ser ou Bouzada, ou Fran ou alguén con
> presenza no gpul.

Antes de decidir con que ferramenta nos quedamos haberá que decidir
unha lista das cousas que hai que ter, e digo isto porque creo que a
cousa aínda non se deu por pechada.

E respecto da ferramenta, se despois imos crear un tema visual para
intentar uniformizar un chisco toda a web (xa que non todo se vai
facer ca mesma ferramenta) entón non creo importante centrarnos se non
en cuestións que non sexan facilidade de uso e mantemento e sobre todo
que faga o que nos fai falta.

Responderlle a