A ver se consigo concretar un chisco, ainda que iso non é precisamente o meu.
Creo que debemos rexernos por un esquema do seguinte xeito: - Propor necesidades, non ferramentas, iso sí, para os máis torpes coma min diremos "do tipo xxx" - Pensemos en quen terá que verse configurando e administrando, deixemoslle que elixa, sempre que cumpra cun minimo das necesidades requiridas - Ainda que a algúns nos queda moito que aprender, non vaiamos a ferramentas de uso sinxelo, se queremos un rendemento profesional. Deberemos facer un esforzo e "subir" un chisco o noso esforzo. - Onte alguén deciame que non lle acaia o sistema de marcado de Wiki, eu estou moi afeito ao de media e un chisco menos a doku, pero despois de ver páxinas con moinmoin non teño máis que decir que "chapeu". Insisto, demandemos "features" e a ver ata onde Ivan pode amañarse, no peor dos casos, botamoslle unha mán, pero creo que chega o momento en que o SysAdmin debe escoitar e decidir, e non escoitar e "obedecer". -- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected]

