>>> Por un lado temos:
>>>
>>> heap: que eu sempre escoitei como montón. A proposta que fai Rubal de
>>> memoría dinámica, pode ser. El controla en java, entende do tema.
>>
>> no rubal quere todo o contrario... sacar memoria dinámica porque nos
>> dous casos (heap e stack) son memoria dinámica. E realmente ten razón.
>> Eu voto por deixalo sen traducir. Xa que se o traducimos voume volver
>> tolo cando teña erros típicos de Java ou demáis. E para buscar solucións
>> a problemas en foros e demáis non me vale traducido.
>>
>>> heap     memoria dinámica ??
>>> Heap Walker      percorredor da memoria dinámica ??
>
> Coma sempre, discrepo. Ese motivo non me parece correcto. Se o seguimos non
> traducimos nada. Calquera mensaxe de erro que da calquera programa traducido
> ao galego, se o colles e o levas aos foros ou sen ir tan lonxe, a un
> buscador, o máis probable é que non atopes nada ou case nada.
> Eu penso que o que non queira eses problemas xa sabe, que deixe a versión
> orixinal (no canto de castrapo) e todo amañado.
> Eu son dos que pensa que se hai tradución (concepto) hai que traducir.
> Outra cousa é se é recomendábel traducir software de desenvolvemento
> avanzado. Digo avanzado porque o non avanzado si penso que hai que traducilo
> por temas educativos.

Penso que o solucionamos poñendo unha tradución e entre parénteses a
palabra orixinal en inglés. Así é educativo e está traducido.

Responderlle a