Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
Por un lado temos:

heap: que eu sempre escoitei como montón. A proposta que fai Rubal de
memoría dinámica, pode ser. El controla en java, entende do tema.
no rubal quere todo o contrario... sacar memoria dinámica porque nos
dous casos (heap e stack) son memoria dinámica. E realmente ten razón.
Eu voto por deixalo sen traducir. Xa que se o traducimos voume volver
tolo cando teña erros típicos de Java ou demáis. E para buscar solucións
a problemas en foros e demáis non me vale traducido.

heap     memoria dinámica ??
Heap Walker      percorredor da memoria dinámica ??
Coma sempre, discrepo. Ese motivo non me parece correcto. Se o seguimos non
traducimos nada. Calquera mensaxe de erro que da calquera programa traducido
ao galego, se o colles e o levas aos foros ou sen ir tan lonxe, a un
buscador, o máis probable é que non atopes nada ou case nada.
Eu penso que o que non queira eses problemas xa sabe, que deixe a versión
orixinal (no canto de castrapo) e todo amañado.
Eu son dos que pensa que se hai tradución (concepto) hai que traducir.
Outra cousa é se é recomendábel traducir software de desenvolvemento
avanzado. Digo avanzado porque o non avanzado si penso que hai que traducilo
por temas educativos.

Penso que o solucionamos poñendo unha tradución e entre parénteses a
palabra orixinal en inglés. Así é educativo e está traducido.


Tamén tendo un glosario

Responderlle a