O Xoves 31 Decembro 2009 15:38:28 Miguel Bouzada escribiu: > 2009/12/31 Adrián Chaves Fernández <[email protected]> > > > Coido que tanto en Trasno como en Mancomún acadárase o consenso para > > traducir > > "application" coma "aplicativo". Pareceume ben, non habendo unha norma > > por parte da RAG. O caso é que mentres estaba organizando as categorías > > de software na Galipedia, utilizando "aplicativo" en vez de "aplicación", > > un usuario informoume de: > > > > «...que eu saiba nin Mancomun nin Trasno teñen autoridade sobre a lingua > > polo > > tanto os acordos os que poidan chegar só os vencellan a eles, si o ten a > > RAG > > que colabora co DIGATIC, onde só aparece aplicación[1]--RNC 12:59, 31 > > decembro > > 2009 (UTC)»
Unha opinión a priori: Esa crítica non é válida. De que eu saiba nin a RAG ten lexitimidade sobre do galego; a lingua fana os falantes e o uso que fan da lingua. A RAG asenta un estándar pero non fai a lingua. A lingua faina o uso. Ademais, recordo que as normas son SÓ ortográficas e morfolóxicas. E se no contexto no que falamos, Trasno ou mancomun escollen aplicativo ten relevancia pois son os que estana facer o cento de traducións nas que o termo aparece. > > [1] http://www.digatic.com/gl/node/5035 > > > > Eu descoñecía a existencia de DIGATIC, e aínda máis de que a RAG > > colaborase con ninguén para o establecemento de termos informáticos > > normativos. Pero se > > isto é certo, coido que deberiamos empregar "aplicación". > > > > Alguén pode aportar máis luz sobre o tema de DIGATIC e a súa > > "colaboración" coa RAG? Eu sei o que se comentou aquí: un dicionario da TIC realizado polos telecos coa axuda da RAG e subvencionado publicamente. Coma sempre obra non libre. > > Proba do rigor dese diccionario (?) > > http://www.digatic.com/gl/node/5187 > http://www.digatic.com/gl/node/4079 > http://www.digatic.com/gl/node/13132 > http://www.digatic.com/gl/node/12901 sorprendente! btw, felis aninovo!!

