> Asemade, estou de acordo co de que a lingua a fan as persoas, e "aplicativo" é > o termo que poderíamos considerar correcto técnica e lingüisticamente, pero > (polos motivos que sexan) non é o que a xente usa (polo menos onde eu vivo). > Se a RAG apoia un termo que ademais é o que usa a xente, non me vexo usando > outro :S (deixando de lado que teño seguido á RAG en termos que non creo que > use a xente).
Para mín aplicativo* entra no mesmo saco que outras cousas como titoría*, palabros moi correctos etiloloxica, filolóxica e pollilmente, pero que son inaceptábeis polo galegofalante regular. Coñecedes a alguén fora da «elite» que empregue aplicativo? Eu non, de feito evito empregar tanto aplicación como aplicativo, e no canto poño o que levo a utilizar desde os tempos do spectrum: programa ou utilidade. Aliás, xa sabedes a miña opinión da RAG: unha cousa que lle fai tanto dano á lingua galega non pode merecer o meu respeito nin lle podo conceder autoridade ningunha.

