Concordo con todo o dito,

pero eu simplemente diría, Don't feed trolls!
coido que é co que estamos a lidiar.

Se non está de acordo coa terminoloxía que colabore no seu asentamento, debatendo.

Feliz aninovo, próspero 2010 na vida laboral e persoal.
E polo amor de $DEITY sede malos oh! que é o que nos queda.

Saúdos

Adrián Chaves Fernández escribió:
Boas:

En 31/12/2009 15:48, Miguel Branco escribiu:
O Xoves 31 Decembro 2009 15:38:28 Miguel Bouzada escribiu:
2009/12/31 Adrián Chaves Fernández<adriyeticha...@gmail.com>

Coido que tanto en Trasno como en Mancomún acadárase o consenso para
traducir
"application" coma "aplicativo". Pareceume ben, non habendo unha norma
por parte da RAG. O caso é que mentres estaba organizando as categorías
de software na Galipedia, utilizando "aplicativo" en vez de
"aplicación", un usuario informoume de:

«...que eu saiba nin Mancomun nin Trasno teñen autoridade sobre a
lingua polo
tanto os acordos os que poidan chegar só os vencellan a eles, si o ten
a RAG
que colabora co DIGATIC, onde só aparece aplicación[1]--RNC 12:59, 31
decembro
2009 (UTC)»
Unha opinión a priori:
Esa crítica non é válida. De que eu saiba nin a RAG  ten lexitimidade
sobre do galego; a lingua fana os falantes e o uso que fan da lingua. A
RAG asenta un estándar pero non fai a lingua. A lingua faina o uso.
Ademais, recordo que as normas son SÓ ortográficas e morfolóxicas. E se
no contexto no que falamos, Trasno ou mancomun escollen aplicativo ten
relevancia pois son os que estana facer o cento de traducións nas que o
termo aparece.
Concordo.

[1] http://www.digatic.com/gl/node/5035

Eu descoñecía a existencia de DIGATIC, e aínda máis de que a RAG
colaborase con ninguén para o establecemento de termos informáticos
normativos. Pero se
isto é certo, coido que deberiamos empregar "aplicación".

Alguén pode aportar máis luz sobre o tema de DIGATIC e a súa
"colaboración" coa RAG?
Eu sei o que se comentou aquí: un dicionario da TIC realizado polos
telecos coa axuda da RAG e subvencionado publicamente. Coma sempre obra
non libre.
Se non é libre non é dos galegos. Para min un dicionario que non é libre
non pode ser o dicionario de todos. Que triste que cos cartos de todos
se fagan estas cousas.

Proba do rigor dese diccionario (?)
http://www.digatic.com/gl/node/5187
http://www.digatic.com/gl/node/4079
http://www.digatic.com/gl/node/13132
http://www.digatic.com/gl/node/12901
sorprendente!
Carallo!, como doen algunhas definicións!

Estou de acordo en que esas definicións son... non hai palabras. E aínda que as apoiase a RAG, non as aceptaría, porque están erradas. Isto deixa moi claro que con ou sen apoio da RAG, é un dicionario pésimo.

Asemade, estou de acordo co de que a lingua a fan as persoas, e "aplicativo" é o termo que poderíamos considerar correcto técnica e lingüisticamente, pero (polos motivos que sexan) non é o que a xente usa (polo menos onde eu vivo). Se a RAG apoia un termo que ademais é o que usa a xente, non me vexo usando outro :S (deixando de lado que teño seguido á RAG en termos que non creo que use a xente).

E son consciente de que ningún documento da RAG é libre. Iso pode que os faga, en certo modo, inmorais dende o meu punto de vista. Pero non lles dá menos valor dende o punto de vista normativo. Non vou deixar de seguir a normativa porque non sexa libre. Iso en ningunha lingua. Gustaríame que fose libre? Si. Pero unha cousa non quita a outra.


Responderlle a