> Boas: > > En 31/12/2009 15:48, Miguel Branco escribiu: > > O Xoves 31 Decembro 2009 15:38:28 Miguel Bouzada escribiu: > >> 2009/12/31 Adrián Chaves Fernández<[email protected]> > >> > >>> Coido que tanto en Trasno como en Mancomún acadárase o consenso para > >>> traducir > >>> "application" coma "aplicativo". Pareceume ben, non habendo unha norma > >>> por parte da RAG. O caso é que mentres estaba organizando as categorías > >>> de software na Galipedia, utilizando "aplicativo" en vez de > >>> "aplicación", un usuario informoume de: > >>> > >>> «...que eu saiba nin Mancomun nin Trasno teñen autoridade sobre a > >>> lingua polo > >>> tanto os acordos os que poidan chegar só os vencellan a eles, si o ten > >>> a RAG > >>> que colabora co DIGATIC, onde só aparece aplicación[1]--RNC 12:59, 31 > >>> decembro > >>> 2009 (UTC)» > > > > Unha opinión a priori: > > Esa crítica non é válida. De que eu saiba nin a RAG ten lexitimidade > > sobre do galego; a lingua fana os falantes e o uso que fan da lingua. A > > RAG asenta un estándar pero non fai a lingua. A lingua faina o uso. > > Ademais, recordo que as normas son SÓ ortográficas e morfolóxicas. E se > > no contexto no que falamos, Trasno ou mancomun escollen aplicativo ten > > relevancia pois son os que estana facer o cento de traducións nas que o > > termo aparece. > > Concordo. > > >>> [1] http://www.digatic.com/gl/node/5035 > >>> > >>> Eu descoñecía a existencia de DIGATIC, e aínda máis de que a RAG > >>> colaborase con ninguén para o establecemento de termos informáticos > >>> normativos. Pero se > >>> isto é certo, coido que deberiamos empregar "aplicación". > >>> > >>> Alguén pode aportar máis luz sobre o tema de DIGATIC e a súa > >>> "colaboración" coa RAG? > > > > Eu sei o que se comentou aquí: un dicionario da TIC realizado polos > > telecos coa axuda da RAG e subvencionado publicamente. Coma sempre obra > > non libre. > > Se non é libre non é dos galegos. Para min un dicionario que non é libre > non pode ser o dicionario de todos. Que triste que cos cartos de todos > se fagan estas cousas. > > >>> Proba do rigor dese diccionario (?) > >> > >> http://www.digatic.com/gl/node/5187 > >> http://www.digatic.com/gl/node/4079 > >> http://www.digatic.com/gl/node/13132 > >> http://www.digatic.com/gl/node/12901 > > > > sorprendente! > > Carallo!, como doen algunhas definicións!
Estou de acordo en que esas definicións son... non hai palabras. E aínda que as apoiase a RAG, non as aceptaría, porque están erradas. Isto deixa moi claro que con ou sen apoio da RAG, é un dicionario pésimo. Asemade, estou de acordo co de que a lingua a fan as persoas, e "aplicativo" é o termo que poderíamos considerar correcto técnica e lingüisticamente, pero (polos motivos que sexan) non é o que a xente usa (polo menos onde eu vivo). Se a RAG apoia un termo que ademais é o que usa a xente, non me vexo usando outro :S (deixando de lado que teño seguido á RAG en termos que non creo que use a xente). E son consciente de que ningún documento da RAG é libre. Iso pode que os faga, en certo modo, inmorais dende o meu punto de vista. Pero non lles dá menos valor dende o punto de vista normativo. Non vou deixar de seguir a normativa porque non sexa libre. Iso en ningunha lingua. Gustaríame que fose libre? Si. Pero unha cousa non quita a outra.

