Coido que tanto en Trasno como en Mancomún acadárase o consenso para traducir "application" coma "aplicativo". Pareceume ben, non habendo unha norma por parte da RAG. O caso é que mentres estaba organizando as categorías de software na Galipedia, utilizando "aplicativo" en vez de "aplicación", un usuario informoume de:
«...que eu saiba nin Mancomun nin Trasno teñen autoridade sobre a lingua polo tanto os acordos os que poidan chegar só os vencellan a eles, si o ten a RAG que colabora co DIGATIC, onde só aparece aplicación[1]--RNC 12:59, 31 decembro 2009 (UTC)» [1] http://www.digatic.com/gl/node/5035 Eu descoñecía a existencia de DIGATIC, e aínda máis de que a RAG colaborase con ninguén para o establecemento de termos informáticos normativos. Pero se isto é certo, coido que deberiamos empregar "aplicación". Alguén pode aportar máis luz sobre o tema de DIGATIC e a súa "colaboración" coa RAG?

