Reenvío á rolda.

---------- Forwarded message ----------
From: Ulfe <ulfe1...@secretarias.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2010/1/6
Subject: Re: Aplicación - Aplicativo
To: Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>


O Mar, 05-01-2010 ás 18:46 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
> >> Asemade, estou de acordo co de que a lingua a fan as persoas, e 
> >> "aplicativo" é
> >> o termo que poderíamos considerar correcto técnica e lingüisticamente, pero
> >> (polos motivos que sexan) non é o que a xente usa (polo menos onde eu 
> >> vivo).
> >> Se a RAG apoia un termo que ademais é o que usa a xente, non me vexo usando
> >> outro :S (deixando de lado que teño seguido á RAG en termos que non creo 
> >> que
> >> use a xente).
> >
> > Para mín aplicativo* entra no mesmo saco que outras cousas como
> > titoría*, palabros moi correctos etiloloxica, filolóxica e
> > pollilmente, pero que son inaceptábeis polo galegofalante regular.
> >
> > Coñecedes a alguén fora da «elite» que empregue aplicativo? Eu non, de
> > feito evito empregar tanto aplicación como aplicativo, e no canto poño
> > o que levo a utilizar desde os tempos do spectrum: programa ou
> > utilidade.
> >
> > Aliás, xa sabedes a miña opinión da RAG: unha cousa que lle fai tanto
> > dano á lingua galega non pode merecer o meu respeito nin lle podo
> > conceder autoridade ningunha.
>
> Xa se discutira sobre traducilo ou non como "programa" e non lembro
> por que se desbotara esa opción.
>
Non sei se o seguinte pode ser de axuda, pero xa aviso dende agora que
non é unha solución:

En castelán o termo "programa" fai referencia a un conxunto de
instrucións (etcétera) e o termo "aplicación" a un conxunto de programas
(etcétera); así a grandes rasgos por exemplo a calculadora pode ser
considerada un "programa" pero o OpenOffice sería unha "aplicación"

Alén diso concordo en que a lingua non é o feudo da RAG e que a lingua é
creada polos falantes (sempre que sexa de xeito espontáneo e non por
"ignorancia" -como no caso por poñer un exemplo do termo
"metrosexual"-); a xente do Proxecto trasno ten total autoridade na
lingua no senso de que a elección de termos se basea no razonamento e
investigación, no coñecemento da lingua e no coñecemento do eido no que
se pretende aplicar o "cambio": o da informática

Por outro lado nunca oín nada tan acertado como <<unha cousa que lle fai
tanto dano á lingua non pode merecer o meu respeito nin lle podo
conceder autoridade algunha>>; a autoridade da RAG baséase
principalmente, na miña opinión, en que está formada por xente con
amplos coñecementos lingüísticos e filolóxicos, embora isto na práctica
non estea demostrado, senón non se explica que teñamos unha normativa
oficial baseada no castelán (principalmente no aspecto gráfico pero non
só) e na que se aplican distintos criterios de escolla sen ningún motivo
aparente alén do capricho, formando así unha especie de esperanto ou
lingua artificial que non responde a ningunha variedade real do sistema
lingüistico galego, tendo en conta ademais que por unha banda nos alonxa
da variedade portuguesa (do mesmo macrosistema) achegándonos a outra da
que prefiro non falar; e pola outra na maioría dos idiomas europeos (e
se non me trabuco tamén do resto do mundo) a elección do estándar sempre
é unha das variedades dialectais e non unha sorte de mezcolanza
caprichosa

Bueno, sinto desafogarme deste xeito miserábel, jajaja, pero espero que
servira de algunha axuda, felices festas a todos! :)

Responderlle a